Pobo tuareg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tuaregs[5] son un grupo étnico ou nación africana. O seu autoetnónimo é Kel Tamaxeq, Kel Tamajaq ("falantes de Tamasheq"), Imouhar, Imuhagh, ou Imaxaghen ("os ceibes"). A xente tuareg tamén se autoidentifica coa verba Tamust, "a nación". O significado da verba "tuareg" aínda está por aclarar: podería proceder da rexión libia coñecida hogano coma Fezzan, pero antano coma Targa. A verba árabe "targui", podería provir do val de Targa, a principal cidade de Ubari ó oeste de Sebha. Outramente, "tuareg" podería vir da pronuncia beduína do árabe Tawariq ("deixado de Deus", singular Targuí). O pobo tuareg atópase hoxe en día fundamentalmente en África occidental, pero (coma outros moitos no norte de África) foron nómades polo deserto do Sáhara.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tuareg (homónimos).
Datos rápidos Poboación, Níxer ...
Pobo tuareg | |
---|---|
Homes tuareg | |
Poboación | |
Poboación total: 2,5 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
Níxer | ~ 2 millóns[2] |
Malí | ~ 0,5 millóns[3] |
Burkina Faso | 50 000[4] |
Alxeria | 25 000–150 000 (1987) |
Libia | 20 000 (1993) |
Marrocos | 4 500 (1984) (nómades) |
Tunisia | 2 000 (1987) (nómades) |
Aspectos culturais | |
Lingua | As linguas tuaregs (tamasheq, tamajeq, tafaghist, tamahaq, tawellemmet) |
Relixión | Islam |
Grupos relacionados | Bérberes |
Pechar
Este artigo amosa letras tifinagh. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |