estado medieval serbio desde o século VIII ao X From Wikipedia, the free encyclopedia
O Principado de Serbia (en serbio Cрпска Кнежевина, Srpska Kneževina) foi un estado medieval dos serbios, gobernado pola dinastía Vlastimirović, que existiu desde ca. 768 a 969 no sueste de Europa.[1] Foi establecido mediante a unificación de varios clans baixo o supremo goberno dun certo Višeslav, primeiro gobernante serbio de nome coñecido (ca. 768–814).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Stari Ras | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua serbia | |||
Relixión | Mitologia eslava (pt) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 768 (Gregoriano) | |||
Disolución | 969 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
En 822 parece que os serbios gobernaban "a maior parte de Dalmacia" e que, ao mesmo tempo, os búlgaros tomaran as terras ao leste, preparándose para a conquista de Serbia. Vlastimir de Serbia derrotou ao exército búlgaro nunha guerra de tres anos (839-842), e os dous países viviron en paz durante algunhas décadas.
Tres fillos de Vlastimir gobernaron despois Serbia, aínda que non por moito tempo. Serbia convertérase en peza clave na loita polo poder entre os bizantinos e os búlgaros, o que deu lugar a guerras civís dinásticas en Sebia (aliada moitas veces ao Imperio bizantino) durante tres décadas.
Serbia foi anexionada polos búlgaros durante tres anos (924-927), ata o regreso do Príncipe Caslav, que uniu a varias provincias, converténdose no máis poderoso dos Vlastimirović.
Un acontecemento importante foi o establecemento do cristianismo como relixión do Estado no ano 869 e a fundación da primeira eparquía Serbia, a Eparquía de Ras. A última información sobre a dinastía Vlastimirović aparece en De Administrando Imperio (ca. 950-960).[2][3] Serbia foi anexionada polos bizantinos en 969.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.