xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Procapra é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[1][2]
Procapra | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gacela de Mongolia (Procapra gutturosa) | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Procapra picticaudata Hodgson, 1846 [1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Especies e subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O xénero integra tres especies de gacelas propias das estepas e os desertos da Asia central.[3]
O xénero foi creado polo naturalista e etnólogo británico Brian Houghton Hodgson, que viviu moitos anos na India británica, onde foi funcionario público (resident) e, de 1820 a 1843, no Nepal, tempo durante o cal escribiu e publicou extensamente sobre cultura, relixión, historia natural, arquitectura, etnografía e lingüística do país nepalés.[4][5] nun traballo publicado en J. Asiat. Soc. Bengal, 15: 334.[1][6]
O nome científico Procapra está formado polos elementos pro-, derivado da preposición latina pro, que significa, entre outras cousas, 'diante de', e -capra, do substantivo latino capra, 'cabra'. Literalmete, 'antecesor das cabras'.
O xénero, ademais do nome que lle adxudicou Hodgson, e actualmente válido, tamén se coñeceu polo sinónimo:
A totalidade dos autores coinciden en recoñecer no xénero tres especies, coas subespecies que se indican a continuación:[1][2]
Os fósiles máis antigos pertencencentes ao xénero Procapra datan do plioceno tardío ou do plistoceno temperán de Asia central, época na que o seu clima era máis húmido e cálido que agora. O xénero, segundo parece, evolucionou a partir de animaies similares a Gazella sinensis, unha gacela do plioceno,[10] e sábese que estes animais foron cazados polos primeiros humanos do neolítico na zona do lago Qinghai, na actual provincia chinesa de Qinghai.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.