Prutah
antiga moeda de Xudea e do Israel moderno / From Wikipedia, the free encyclopedia
Prutah (hebreo: פרוטה; plural: פרוטוט, prutot) é unha antiga moeda hebraica de bronce de escaso valor que pesaba a milésima parte da libra, cuñada polos monarcas das dinastías asmonea e herodiana.[3]
Prutah de Xoán Hircano I (134-104 a. de C.) | |
---|---|
![]() | |
Lenda hebrea en cinco liñas dentro dunha coroa: "Xoán Sumo Sacerdote e o Consello dos Xudeus". | Dobre cornucopia adornada con cintas; milgranda entre cornos. |
Prutah. Xoán Hircano I. Ceca: Xerusalén. ca. 135-104 a. de C. AE. 13 mm. 2,02 g. Hendin 457.[1][2] |
No Estado de Israel instaurado en 1948 retomouse esta denominación (na forma pruta, do hebreo moderno), como moeda divisionaria eqiuivalente á milésima parte da libra israelí.