From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard St John Harris, nado o 1 de outubro de 1930 en Limerick (Irlanda) e finado o 25 de outubro de 2002 en Londres (Inglaterra),[1] foi un actor irlandés, cantante-compositor, produtor teatral, director de cine e escritor.
Como actor foi moi prolífico, e os seus papeis de maior sona foron como Rei Artur en Camelot (1967), Oliver Cromwell en Cromwell (1970) e como Albus Dumbledore en Harry Potter e a pedra filosofal (2001) e Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002), o seu derradeiro filme. Tamén encarnou un aristócrata británico e preso en A Man Called Horse (1970), o emperador Marco Aurelio en Gladiator (2000) e o pistoleiro inglés Bob na película de Clint Eastwood Sen perdón (1992).
Como cantante, Harris triunfou coa súa gravación de 1968 da canción de Jimmy Webb "MacArthur Park", que estivo no top ten en Gran Bretaña e os Estados Unidos. En 2020 The Irish Times publicou unha listaxe cos mellores actores de cinema irlandeses, na que Harris aparecía como o terceiro mellor.[2]
Harris, o quinto de nove irmáns, naceu na cidade de Limerick,[3][4][5] Condado de Limerick (Munster, Irlanda), no seo dunha familia de clase media firmemente católica. Os seus pais eran John Ivan Harris e Mildred Josephine Harty Harris. Foi educado polos xesuítas no Crescent College.
Destacou polas súas virtudes no rugby chegando a xogar no Garryowen[6] e cando ía encamiñado cara a unha prometedora carreira deportiva como estrela de rugby, colleu a tuberculose e viuse obrigado a deixala práctica deportiva. Despois de recuperarse da enfermidade, Harris trasladouse a Londres co afán de se converter en director de teatro. Ó non atopar ningún curso relacionado coa súa afección, enrolouse na London Academy of Music and Dramatic Art (LAMDA) para estudar interpretación.
Sendo aínda un estudante, Harris alugou o Teatro Irving situado na West End de Londres para dirixir e producir a súa propia produción sobre a obra de Clifford Odets Winter Journey (The Country Girl). O espectáculo tivo un grande éxito pero ó rematar o financiamento tivo que abandonar o proxecto.
Despois de rematar os seus estudos na Academia, Harris uniuse á compañía de Joan Littlewood e comezou a participar en funcións das producións do West End, destacando en The Quare Fellow (1956).
Debutou no cine en 1958 co filme Alive and Kicking e un ano máis tarde tivo a oportunidade de traballar co director británico Michael Anderson. A década dos 60 comezaría dun xeito excepcional coa súa achega en The Guns of Navarone e en Mutiny on the Bounty xunto con Trevor Howard e Marlon Brando.
A súa primeira aparición como protagonista sería en This Sporting Life, interpretando ó mineiro Frank Machin, papel polo que gañou a Palma de Ouro ó mellor actor no festival de Cannes e un nomeamento ós Premios Óscar.
A súa fama non parou de medrar e cada filme no que participaba tiña máis éxito que o anterior, pero sen dúbida o grande éxito mundial veu da man de A Man Called Horse.
Nos derradeiros anos da vida de Richard Harris, o actor irlandés volveu á gran pantalla con pequenos pero intensos papeis nos oscarizados Sen perdón e Gladiator.
Pola contra, será relacionado por sempre co papel de Albus Dumbledore nas dúas primeiras entregas da saga de Harry Potter. Harris morre no 2002 por mor da enfermidade de Hodgkin á idade de 72 anos, poucos meses despois da estrea de Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Foi substituído polo tamén irlandés Michael Gambon.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1959 | The Iron Harp | Home irlandés cego | Televisión |
1959 | Alive and Kicking | ||
1959 | Shake Hands with the Devil | Terence O'Brien | |
1959 | The Wreck of the Mary Deare | Higgens | |
1960 | Beleza terrible | Sean Reilly | |
1961 | The Guns of Navarone | Líder do escuadrón Howard Barnsby RAAF | |
1961 | The Long and the Short and the Tall | Edward "Johnno" Johnstone | |
1962 | Rebelión a bordo | Seaman John Mills | |
1963 | This Sporting Life | Frank Machin | |
1964 | O deserto vermello | Corrado Zeller | |
1965 | The Heroes of Telemark | Knut Straud | |
1965 | Maior Dundee | Capitán Benjamin Tyreen | |
1966 | A Biblia | Caín | |
1966 | Hawaii | Rafer Hoxworth | |
1967 | Caprice | Christopher White | |
1967 | Camelot | King Arthur | |
1970 | The Molly Maguires | Detective James McParlan/McKenna | |
1970 | A Man Called Horse | John Morgan | |
1970 | Cromwell | Oliver Cromwell | |
1971 | Bloomfield | Eitan | |
1971 | The Snow Goose | Philip Rhayadar | Televisión |
1971 | Man in the Wilderness | Zachary Bass | |
1973 | The Deadly Trackers | Sheriff Sean Kilpatrick | |
1974 | 99 and 44/100% Dead | Harry Crown | |
1974 | Juggernaut | Tte. Cmdr. Anthony Fallon | |
1976 | Echoes of a Summer | Eugene Striden | |
1976 | Robin and Marian | Rei Ricardo | |
1976 | The Return of a Man Called Horse | Lord John Morgan | |
1976 | The Cassandra Crossing | Doutor Jonathan Chamberlain | |
1977 | Gulliver's Travels | Gulliver | |
1977 | Orca | Capitán Nolan | |
1977 | Golden Rendezvous | John Carter | |
1978 | The Wild Geese | Capitán Rafer Janders | |
1979 | Ravagers | Falk | |
1979 | A Game for Vultures | David Swansey | |
1980 | The Last Word | Danny Travis | |
1981 | Tarzan, o home mono | James Parker | |
1981 | Your Ticket Is No Longer Valid | Jason | |
1982 | Triumphs of a Man Called Horse | John Morgan | |
1982 | Camelot | Rei Artur | Televisión |
1984 | Martin's Day | Martin Steckert | |
1984 | Highpoint | Lewis Kinney | |
1988 | Maigret | Jules Maigret | Televisión |
1988 | Trappola diabolica | ||
1989 | King of the Wind | Xurxo II de Gran Bretaña | |
1990 | Mack the Knife | Mr. Peachum | |
1990 | The Field | 'Bull' McCabe | |
1992 | Xogo de patriotas | Paddy O'Neil | |
1992 | Sen perdón | Policía inglés | |
1993 | Wrestling Ernest Hemingway | Frank | |
1994 | Silent Tongue | Prescott Roe | |
1994 | Abraham | Abraham | Televisión |
1995 | Cry, the Beloved Country | James Jarvis | |
1995 | The Great Kandinsky | Ernest Kandinsky | Televisión |
1996 | Trojan Eddie | John Power | |
1997 | Savage Hearts | Sir Roger Foxley | |
1997 | Smilla's Sense of Snow | Doutor Andreas Tork | |
1997 | The Hunchback | Dom Frollo | Televisión |
1997 | This Is the Sea | o vello Jacobs | |
1998 | Upright Affair | ||
1998 | Sibirskiy tsiryulnik | Douglas McCraken | |
1999 | To Walk with Lions | George Adamson | |
1999 | Grizzly Falls | o vello Harry | |
2000 | Gladiator | Marco Aurelio | |
2001 | The Pearl | Doutor Karl | |
2001 | Wrestling Ernest Hemingway | Frank | |
2001 | My Kingdom | Sandeman | |
2001 | Harry Potter e a pedra filosofal | Albus Dumbledore | |
2002 | The Count of Monte Cristo | Abbé Faria | |
2002 | Harry Potter e a Cámara dos Segredos | Albus Dumbledore | |
2002 | Apocalypse Revelation | John de Patmos | Televisión |
2002 | The Apocalypse | John | |
2002 | Julius Caesar | Lucius Sulla | miniserie de televisión |
2003 | Kaena: La prophétie | Opaz |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.