Harry Potter e a pedra filosofal (filme)
película de 2001 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é un filme de fantasía[1] dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. O filme foi o primeiro da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Maggie Smith, Robbie Coltrane, Alan Rickman e Ian Hart.
Warner Bros. mercou os dereitos do libro para facer a versión fílmica no ano 1999. A produción comezou en 2000, coa elección de Columbus como director despois de seleccionalo dunha pequena lista de directores entre os que estaban Steven Spielberg e Rob Reiner. J. K. Rowling insistiu en que todo o elenco fose británico ou irlandés, gardando a integridade cultural do libro e do filme. J. K. Rowling aprobou o guión, escrito por Kloves. O filme gravouse principalmente nos Leavesden Film Studios, así como en edificios históricos de Gran Bretaña.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos en novembro de 2001. Recibiu boas críticas e tres candidaturas aos Premios Oscar. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidense.
Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2005, e foi visto por 290.000 persoas, o que o converteu no filme máis visto na historia da cadea autonómica.[2]
Remove ads
Sinopse
- Véxase tamén: Harry Potter e a pedra filosofal.
Harry Potter é un neno orfo que medrou cos seus tíos. Á idade de once anos, o semixigante Rubeus Hagrid infórmao de que é meigo. Harry descobre que os seus pais foran asasinados polo Señor Escuro, Lord Voldemort, e que Voldemort tamén intentara matalo esa mesma noite, cando tiña un ano. No entanto, a maldición asasina rebotara misteriosamente e debilitara enormemente ao meigo escuro. Harry descobre que por este motivo é un meigo amplamente famoso no mundo máxico; comeza a estudar na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería onde coñece os seus mellores amigos: Ron Weasley e Hermione Granger. Durante o ano, os tres enguedéllanse no misterio sobre a pedra filosofal, que está agochada na escola.
Remove ads
Elenco
Rowling insistiu persoalmente en ter un elenco británico.[3] Susie Figgis designouse como directora de casting e traballou con Columbus e Rowling nas audicións para os papeis principais de Harry, Ron e Hermione.[4] O 11 de xullo de 2000 Figgis deixou a produción, laiándose de que Columbus non considerara ningún dos miles que superaran as audicións e que ela determinara como posibles candidatos.[5] O 8 de agosto de 2000 fíxose a selección de Daniel Radcliffe, Emma Watson e Rupert Grint para realizar os personaxes de Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley, respectivamente.[6]
- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- John Cleese como Nick Case Decapitado, a pantasma da Casa Gryffindor.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts.
- Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw.
- Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry.
- Richard Harris como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts e un dos mellores meigos da historia.
- Ian Hart como o profesor Quirrell, o nervioso profesor de Defensa contra a Maxia Negra en Hogwarts.
- John Hurt como o Sr. Ollivander, o propietario de Ollivanders, o mellor fabricante de variñas do mundo máxico.
- Alan Rickman como Severus Snape, o profesor de Apócemas de Hogwarts e xefe da Casa Slytherin.
- Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry.
- Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e xefa da Casa Gryffindor.
- Julie Walters como Molly Weasley, a nai de Ron.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
- Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Rik Mayall filmou algunhas escenas como o mencho Peeves, pero finalmente foron cortadas do filme.[7]
Remove ads
Banda sonora
A banda sonora de Harry Potter e a pedra filosofal lanzouse ao mercado o 30 de outubro de 2001. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, premio que finalmente levou Howard Shore por The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. O filme introduce moitos temas específicos para cada personaxe empregados tamén máis adiante nalgunha das secuelas, aínda que a maioría deles se usaron de novo n’a Cámara dos Segredos. O tema principal, chamado "Hedwig's Theme", utilízase en case todas as películas e converteuse en identificativo da serie.
A pista número 18, "Leaving Hogwarts", emprégase tamén durante o epílogo de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) como tributo a Williams e o final da saga.
- Lista de pistas
- "Prologue" - 2:12
- "Harry's Wondrous World" - 5:21
- "The Arrival of Baby Harry" - 4:25
- "Visit to the Zoo and Letters from Hogwarts" - 3:23
- "Diagon Alley and the Gringotts Vault" - 4:06
- "Platform Nine-and-Three-Quarters and the Journey to Hogwarts" - 3:14
- "Entry into the Great Hall and the Banquet" - 3:42
- "Mr. Longbottom Flies" - 3:35
- "Hogwarts Forever! and the Moving Stairs" - 3:47
- "The Norwegian Ridgeback and a Change of Season" - 2:47
- "The Quidditch Match" - 8:29
- "Christmas at Hogwarts" - 2:56
- "The Invisibility Cloak and the Library Scene" - 3:16
- "Fluffy's Harp" - 2:39
- "In the Devil's Snare and the Flying Keys" - 2:21
- "The Chess Game" - 3:49
- "The Face of Voldemort" - 6:10
- "Leaving Hogwarts" - 2:14
- "Hedwig's Theme" - 5:11
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads