From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rutenia subcarpática ou Rutenia transcarpática, coñecida tamén como Rutenia carpática, Ucraína carpática, Ucraína transcarpática, Zakarpattia, Rusinko, Rus subcarpática ou Subcarpacia (rusino e ucraíno: Карпатська Русь, romanizado: Karpats’ka Rus’; ruso: Карпатская Русь, romanizado: Karpatskaya Rus’; eslovaco e checo: Podkarpatská Rus; húngaro Kárpátalja; romanés Transcarpatia; polaco Zakarpacie; yidiss קאַרפַּאטן רוּס) é unha pequena rexión da Europa central que hoxe en día, na súa maior parte, constitúe óblast de Zakarpatia na Ucraína suroccidental (en ucraíno: Zakarpats’ka oblast’), así como unha pequena parte do extremo oriental de Eslovaquia (principalmente os kraj de Prešov e de Košice), Lemkovyna de Polonia e Maramureş en Romanía.
Podkarpatská Rus (sk) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Uzhhorod (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 572.028 (1919) (47,29 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 12.097 km² | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1919 | |||
Disolución | 1945 | |||
En canto á diversidade étnica, está habitada por ucraínos, rusinos, lemkos (que son de orixe polaca), húngaros, eslovacos, romaneses, búlgaros e rusos. Ademais, ten pequenas minorías de bogomilos, hutsul, xudeus, xitanos e zekler ou csango (etnicamente maxiares dunha igrexa ortodoxa).
A nomenclatura da rexión depende da perspectiva xeográfica e do punto de vista dos pobos que a compoñen. Así, desde unha perspectiva húngara, eslovaca ou checa descríbese a rexión como Subcarpatia, (baixo os Cárpatos) mentres que desde unha perspectiva de ucraína e rusa coñécese como Transcarpatia (ao outro lado dos Cárpatos).
Durante o período no que a rexión estivo administrada polo Reino de Hungría, durante aproximadamente mil anos, denominouse oficialmente polos húngaros como Subcarpatia (húngaro: Kárpátalja) ou Alta Hungría nororiental.
Despois do Tratado de Trianón de 1920 e a desintegración de Austria-Hungría, a rexión pasou a formar parte de Checoslovaquia baixo o goberno de Gregory Zatkovich. Até 1938-1939 denominouse Rusinsko ou Karpatske Rusinsko, e despois Rus Subcarpática (checo e eslovaco: Podkarpatská Rus) ou Ucraína Subcarpática (checo e eslovaco: Podkarpatská Ukrajina), e desde 1927 como a Rexión Subcarpática[1] (checo: Země podkarpatoruská, eslovaco: Krajina podkarpatoruská).
Os nomes non oficiais alternativos utilizados en Checoslovaquia antes da Segunda guerra mundial inclúen Subcarpatia (checo e eslovaco: Podkarpatsko), Transcarpatia (checo e eslovaco: Zakarpatsko), Ucraína transcarpática (checo e eslovaco: Zakarpatská Ukrajina), Rus/Rutenia Carpatiana (checo e eslovaco: Karpatská Rus) e, rara vez, Rus/Rutenia húngara (checo: Uherská Rus, eslovaco: Uhorská Rus).
A rexión declarou a súa efémera independencia en 1939 como Cárpato-Ucraína, antes de ser anexionada polo Reino de Hungría (1920-1945).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.