escritor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Salvatore Quasimodo, nado en Modica (Sicilia) o 20 de agosto de 1901 e finado en Amalfi o 14 de xuño de 1968, foi un poeta e xornalista italiano, membro do movemento hermético. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
O seu pai, de profesión ferroviario, foi trasladado a Messina en 1908 pouco despois do terremoto que arrasou Modica en decembro dese ano. Nesa cidade escribiu os seus primeiros versos, con só dezaseis anos, nunha pequena revista literaria que edita xunto a uns amigos no instituto técnico onde estuda.
En 1919 mudáronse a Roma e alí Salvatore matriculouse en enxeñaría no Politécnico. As dificultades económicas obrigárono a realizar diversos traballos para poder pagar os estudos universitarios, aínda que non os chegaría a terminar. Nesa época empezou a espertar nel o interese polo grego e o latín. En 1926 trasladouse a Reggio dei Calabria, ó conseguir alí unha praza de funcionario aparellador.
A súa primeira publicación poética foi en 1930 na revista Solaria, unha colección de poemas seus co título de Acque e terre. Dous anos despois publicou Oboe sommerso, obra que espertou un grande interese na crítica literaria. A partir de 1934 viviu en Milán, onde frecuentaba os círculos literarios.
En 1938 deixou o traballo de aparellador e entrou como redactor na revista Il Tempo. Nela, á parte de encargarse da crítica teatral, revelouse como opositor ó fascismo. En 1940 publicou Lirici greci, obra en que reúne as súas traducións dos clásicos. Representaría unha etapa importante na súa produción literaria, pois mostraba nela o seu interese polo achegamento entre a poesía clásica e a contemporánea. Foi nomeado profesor do Conservatorio de Milán en 1941, e en 1942 publicou Ed è subito sera, coa que alcanza un grande éxito. A obra recollía unha antoloxía da súa produción poética até esa data.
Entre 1949 e 1958 intensificou a súa produción como tradutor. Publicou traducións do latín (Catulo), do grego (o Evanxeo de San Xoán e Sófocles) e do inglés (A tempestade de Shakespeare). A partir do fin da segunda guerra mundial a súa poesía inclúe contidos máis sociais relacionados coa situación política do seu país. En 1953 compartiu con Dylan Thomas o premio Etna-Taormina de poesía.
En 1959 recibe o Premio Nobel de Literatura. O discurso que pronuncia ante a Academia Sueca, no que defende o papel activo do poeta e da poesía na sociedade, sería publicado en 1960 xunto con outros ensaios no libro O poeta e o político. En 1960 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Messina. Durante os últimos anos da súa vida realizou un activo labor xornalístico. Publicou numerosos artigos de opinión nos cales critica de forma aceda o consumismo da sociedade moderna. Morreu en Nápoles o 14 de xuño de 1968 por mor dunha hemorraxia cerebral, e está enterrado no Cemiterio Monumental de Milán.
É posible visitar a súa casa natal, na cidade de Modica.
Poden distinguirse na poesía de Salvatore Quasimodo dúas etapas diferentes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.