político estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Samuel Moore, nado en Deerfield, Nova Jersey, o 8 de febreiro de 1774 e finado en Filadelfia o 18 de febreiro de 1861, foi un político estadounidense membro da Cámara de Representantes por Pensilvania (1818-1822) e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1824-1835).
Samuel Moore Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1824-1835) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1774 Deerfield. Nova Jersey. |
Morte | 18 de febreiro de 1861 (87 anos) Filadelfia. Pensilvania. |
Lugar de sepultura | The Woodlands (en) |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Pensilvania. |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. |
Ocupación | Político e alto funcionario. |
Lingua | Lingua inglesa |
Samuel Moore naceu o 8 de febreiro de 1774 en Deerfield, no actual condado de Cumberland, Nova Jersey,[1][2] fillo dun distinguido oficial revolucionario.[3]
En 1791 graduouse en Medicina na Universidade de Pensilvania en Filadelfia,[4] na que exerceu como instrutor entre 1792 e 1794.[3] Posteriormente exerceu a medicina en diferentes lugares dos estados de Pensilvania e Nova Jersey.[1][2]
Logo de diferentes viaxes de carácter comercial polas Indias Orientais retornou a Filadelfia e adquiriu varios muíños e dedicouse á produción de fariñas e de aceite, e posteriormente ergueu un serradoiro e dedicouse ao comercio da la.[1][2]
Como membro do Partido Demócrata dos Estados Unidos foi elixido membro da Cámara de Representantes, e ocupou este posto entre o 13 de outubro de 1818 ata o 20 de maio de 1822, cando se retirou da política activa.[1][2]
O día 15 de xullo de 1924, o presidente James Monroe nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos,[3] onde permaneceu ata o 1 de xullo de 1835. Durante o seu mandato, foi o responsable da cuñaxe do "dólar de 1804", cuñado realmente en 1834.[2]
Moore foi membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos reunida en 1851.[2]
A partir da súa marcha da Casa da Moeda, recuperou a súa actividade privada e dedicouse á comercialización do carbón —foi presidente da compañía Hazleton Coal Co.—, durante o resto da súa vida.[1]
Samuel Moore estivo casado con Mary Padgett Patterson, filla do seu antecesor como director da Casa da Moeda, Robert Patterson. Pola súa vez, o seu cuñado Robert Maskell Patterson foi quen o sucedeu a el no seu posto.[2]
Samuel Moore faleceu en Filadelfia o 18 de febreiro de 1861,[2] aos 87 anos, e foi soterrado no cemiterio de Woodland.[1][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.