From Wikipedia, the free encyclopedia
O Templo de Asclepio era un santuario en Epidauro dedicado a Asclepio. O santuario de Epidauro era o rival de sitios de culto tan importantes como o Santuario de Zeus en Olimpia e o de Apolo en Delfos. O templo construíuse a principios do século IV a. de C. Aínda se usaba no século IV, pero foi pechado durante a persecución dos pagáns no imperio romano, cando os emperadores cristiáns emitiron editos que prohibían a adoración non cristiá.
Santuario de Asclepio en Epidauro | |
---|---|
Estatua de Asclepio, atopada no santuario de Epidauro (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas). | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Grecia |
Localización | 37°35′55″N 23°04′28″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV, VI |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 491 |
Nomeouse como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1988.[1]
Este templo de Asclepio está situado en Epidauro, (grego Ἐπίδαυρος, Epídauros, latín Epidauro, unha pequena cidade grega da Argólida, península situada ao noroeste do Peloponeso.
O templo erixíuse na honra de Asclepio, na mitoloxía grega Asclepio ou Asclepios (en grego Ασκληπιός), Esculapio para os romanos, deus da Medicina e da evolución, venerado en Grecia en varios santuarios.
O templo era Dórico, seis columnas por once, medindo ca. 24´4 m. de longo. Consérvanse só os cimentos. Os fragmentos da estrutura superior, recuperados na escavación, están no museo arqueolóxico de Epidauro, no sitio. A estatua de culto do deus de ouro e marfil foi descrita por Pausanias (2.27.2). O templo tiña frontóns con esculturas, dianteiro e traseiro, e figuras acroterias. Estas, traballo dos mestres escultores da época, ocupan unha sala destacada no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.
Unha inscrición escavada preto do templo (Inscriptiones Graecae IV, 2ª ed., nº 102) dá un rexistro público da construción do templo. A inscrición nomea a Theodotus como arquitecto. O proxecto tardou case cinco anos en completarse.
Todo o templo estaba nunha chaira rodeada de montañas. Este val aínda se chama Hierón («sagrado»), e a cidade que alí existente chámase Koroni, derivado de Coronis (ou Corónide), a nai de Asclepius. As montañas son chamadas actualmente bolonidias, pero antigamente chamábanse Títión (Titthium), porque o fillo de Coronis foi amamantado por unha cabra.
Era un sitio sagrado que tiña varios edificios públicos. Ao suroeste, no camiño de Trecén, atopábase o templo de Apolo, na montaña chamada Cinortion (Cynortium), nun outeiro chamado Corifeo (Coripheum) estaba o templo dedicado a Artimisa Corifea, probablemente ao suroeste do val.
O Templo de Asclepius contiña a estatua criselefantina do deus nun trono cun can aos pés, obra de Trasímenes de Paros, e medía a metade do templo de Zeus en Olimpia. Nun lado do templo atopábanse os cuartos para aqueles que ían consultar ao deus.
O Tholos, edificio circular de mármore branco de dobre columnata, no interior do cal atopábase a fonte sagrada atribuída a Policleto o novo e con pinturas de Pausias, estaba preto do templo.
Os outros edificios eran os templos de Afrodita e Themes, o estadio, a fonte. Algúns erguidos no tempo dos romanos, incluíndo os baños de Asclepius, un templo de deuses epidotes, un templo de Hygeia, e un edificio detrás do santuario para recibir as mulleres moribundas e embarazadas, porque no templo non podías morrer nin nacer. Cada catro anos celebrábase un festival en homenaxe a Asclepio con competicións deportivas e de música que tiñan lugar nove días despois dos Xogos Ismáticos.
Cando Emilio Paulo visitou o santuario trala conquista de Macedonia, no 167 a. de C., seguía sendo moi rico e estaba cheo de ofrendas votivas, pero máis tarde foi o obxecto de moitos roubos, especialmente no tempo de Sila.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.