From Wikipedia, the free encyclopedia
Scioa, ás veces escrito como Xoa, Shoa ou Shewa e, frecuentemente, co seu nome italiano Scioa ou Scioà (en ge'ez ሽዋ Šawā, moderno Šewā, en amárico Šawā´[1]), é unha rexión histórica de Etiopía.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Datos históricos | ||||
Disolución | 1995 | |||
Sucedido por | Rexión de Amhara, Rexión de Oromia, Adís Abeba e Central Ethiopia Regional State (en) | |||
A actual capital etíope, Addis Abeba, está situada no centro desta rexión.
Antigamente a rexión era un reino autónomo do imperio de Etiopía,[1] e, tras a anexión de Abisinia polo Reino de Italia, foi unha gobernación, distrito ou provincia (governorato) da África Oriental Italiana, creada en 1939 e que existiu até 1941.
A África Oriental Italiana formouse o 15 de xaneiro de 1935 pola unión des colonias da Eritrea italiana e a Somalia italiana.
O 3 de outubro de 1935 os italianos invadiron Abisinia (Etiopía), que foi formalmente anexionada polo Reino de Italia o 9 de maio de 1936, quedando incorporada á África Oriental Italiana. O 1 de xuño seguinte estableceuse unha nova división interna pola cal creáronse seis gobernacións ou provincias: Eritrea (á que se agregou a rexión etíope da provincia de Tigré), Somalia italiana (á que se engadiu a rexión etíope do Ogadén), Galla e Sidama (país dos oromo e sur de Etiopía), Harar (nordeste de Etiopía), Amhara (noroeste) e Addis Abeba (centro).
As gobernacións de Galla e Sidama e de Amhara perderon, o 1 de xaneiro de 1939, unha parte dos seus territorios, que foron integrados na gobernación de Addis Abeba, que cambiou de nome polo de gobernación de Scioa (governorato de Scioà).
O 5 de abril de 1941 Addis Abeba foi ocupada polos británicos.
Nota: no mapa da dereita, división en gobernacións da África Oriental italiana. No centro, a gobernación de Scioa (Scioà).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.