Selección de fútbol de Iugoslavia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección nacional de fútbol de Iugoslavia foi o equipo que representou ao Reino de Iugoslavia e á República Federal Socialista de Iugoslavia nas competicións internacionais de fútbol até a desintegración do país en 1992. A selección estaba rexida pola Fudbalski Savez Jugoslavije, federación creada en Zagreb no ano 1919, e de seguido foi admitida na FIFA. No ano 1929 o país troca o nome do reino polo de Iugoslavia e xa un ano despois participa no primeiro mundial de fútbol, no Uruguai, caendo finalmente nas semifinais.
Iugoslavia | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Fudbalski Savez Jugoslavije | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | YUG | ||
Alcume | Plavi (Azuis) | ||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Veljko Ugrinić (primeiro) Ivica Osim (último) | ||
Máis encontros | Dragan Džajić (85) | ||
Máximo goleador | Stjepan Bobek (38) | ||
Estrea internacional Checoslovaquia 7 − 0 Iugoslavia Antuerpen, Bélxica; 5 de abril de 1908 Último encontro Países Baixos 2 − 0 Iugoslavia Ámsterdam, Países Baixos; 25 de marzo de 1992 | |||
Maior vitoria Iugoslavia 10 − 0 Venezuela Curitiba, Brasil; 14 de xuño de 1972 | |||
Maior derrota Checoslovaquia 7 − 0 Iugoslavia Antuerpen, Bélxica; 5 de abril de 1908 Uruguai 7 − 0 Iugoslavia París, Francia; 26 de maio de 1924 Checoslovaquia 7 − 0 Iugoslavia Praga, Checoslovaquia; 28 de outubro de 1925 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1930, 1962) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 4 (primeira en 1960) | ||
Mellor resultado | Subcampións (1960, 1968) | ||
Trala segunda guerra mundial o país convértese nunha república socialista e a federación vólvese constituír despois dos anos da guerra. O maior logro da selección nesta época foi gaña-los Xogos Olímpicos de 1960. O xogador que máis partidos diputou coa selección foi Dragan Džajić, que xogou 85 encontros entre 1964 e 1979, sendo o máximo goleador de tódolos tempos Stjepan Bobek, que anotou 38 goles entre 1946 e 1956. Cómpre destacar que o equipo sub-21 gañou o Campionato de Europa en 1978, e anos despois o sub-20 foi campión do mundo no ano 1987. Con todo, esta xeración perdeuse para o fútbol de seleccións durante uns anos mentres non rematou a Guerra de Iugoslavia. Despois da desintegración do estado, Serbia e Montenegro seguiu a empregar o nome de Iugoslavia até o ano 2003. Dende aquela a selección quedou fragmentada nas seleccións de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia.