Shirley Ann Jackson
física estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Shirley Ann Jackson, nada o 5 de agosto de 1946, é unha física estadounidense, e a décimo oitava presidenta do Instituto Politécnico Rensselaer.[1] Recibiu o seu doutoramento en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1973, converténdose na primeira muller afroamericana en conseguir un doutoramento no MIT.[2] É tamén a segunda muller afroamericana dos Estados Unidos en obter un doutoramento en física.[3]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar