From Wikipedia, the free encyclopedia
Os símbolos nacionais de Galicia son símbolos que se usan para representar a Galicia, reflectindo diferentes aspectos da súa cultura e historia. Os tres símbolos oficiais de Galicia son a bandeira, o escudo e o himno, e como símbolos institucionais están regulados pola Lei de símbolos de Galicia promulgada o 29 de maio de 1984, sendo empregados oficialmente pola Xunta de Galicia.[1]
Tipo | Imaxe | Símbolo |
---|---|---|
Bandeira nacional | Bandeira de Galicia[2]
A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional,[3] a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira. | |
Cores nacionais | Azul e branco[Cómpre referencia] | |
Escudo de armas | Escudo de Galicia[4]
Adoptado pola Xunta de Galicia o 29 de maio de 1984. | |
Himno nacional | Os Pinos[5]
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886)[6], concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. | |
Marcha tradicional | Antiga Marcha do Reino de Galicia
A Antiga Marcha do Reino de Galicia é unha marcha procesional recoñecida oficialmente como un distintivo tradicional[7] de Galicia. A súa autoría pérdese na tradición popular. Foi executada correntemente polos gaiteiros das confrarías procesionais ao longo dos séculos. |
Tipo | Imaxe | Símbolo |
---|---|---|
Heroe nacional | Breogán[8] | |
Flor nacional | Toxo arnal[9] | |
Árbore nacional | Carballo[10] | |
Santo patrón | Santiago o Maior[11] | |
Instrumento nacional | Gaita galega[12] | |
Vieira[13][14] | ||
Cruz de Santiago[15] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.