xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Threskiornis é un xénero de aves da orde dos pelecaniformes da familia dos tresquiornítidos e subfamilia dos tresquiornitinos.[1][2]
Threskiornis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||
|
Inclúe cinco especies vivas de ibis do Vello Mundo que habitan no sur de Asia, Australasia e na África subsahariana,[3] e unha máis, non voadora, extinguida no século XVIII.
O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés George Robert Gray, irmán do máis famoso John Edward Gray,[4] na súa obra A list of the genera of birds Ed.2, Appendix p. 13.[5]
O nome científico Threskiornis está formado pola raíz do adxectivo do grego antigo θρῆσκος, thrẽskos, "relixioso", "devoto", e o nome ὄρνις órnis, "paxaro", "ave".[6]
Na actualidade, a maioría dos autores recoñecen no xénero as especies seguintes,[7][8][9][10] coas subespecies que se indican.[11]
Threskiornis G. R. Gray, 1842
Porén, algúns autores considean que Threskiornis bernieri (Bonaparte, 1855), de Madagascar, que está en perigo de extinción,[9] é unha subespecie do ibis sagrado, (Threskiornis aethiopicus bernieri).[Cómpre referencia]
Os ibis adultos do xénero Threskiornis miden normalmente uns 75 cm de longo e teñen a plumaxe de corpo branca. A cabeza, o pescozo e as patas (espidas) son negras. A peteiro é groso e curvado. Ambos os sexos son semellantes, pero os inmaturos teñen o pescozo máis branco.
Threskiornis spinicollis difire das outras especies por ter as partes superiores escuras, polo que algúns autores sitúano nun xénero separado, Carphibis (Jameson, 1835), como Carphibis spinicollis.[12]
Habitan en zonas húmidas pantanosas e aliméntanse de diversas especies de peixes, anfibios, crustáceos e insectos.
Son criadores coloniais que constrúen un niño de pau nunha árbore ou nun arbusto no que depositan de dous a catro ovos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.