Tom Brady
Xogador de fútbol americano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Edward Patrick Brady Jr., máis coñecido como Tom Brady, nado o 3 de agosto de 1977 en San Mateo (California), é un xogador retirado estadounidense de fútbol americano, que xogaba de quarterback.
No. 12 Tampa Bay Buccaneers | |||
---|---|---|---|
Posición: | Quarterback | ||
Información persoal | |||
Nacemento: | 3 de agosto de 1977 (46 anos) | ||
Lugar: | San Mateo, California | ||
Altura: | 6 ft 4 in (1,93 m) | ||
Peso: | 225 lb (102 kg) | ||
Información da carreira | |||
Instituto: | San Mateo (CA) Junípero Serra | ||
Universidade: | Michigan | ||
NFL Draft: | 2000 / Rolda: 6 / Pick: 199 | ||
Historial de equipos | |||
| |||
Premios e galardóns | |||
| |||
Estatísticas NFL | |||
|
Despois de xogar fútbol universitario en Michigan, Brady foi recrutado polos Patriots na sexta rolda do Draft da NFL de 2000. Des que foi quarterback titular do seu equipo, os Patriots conseguiron xogar nove veces a Super Bowl, o que supón o mellor rexistro para un quarterback da historia, gañándoa en seis ocasións. Amagou a retirada en 2022, xogou para os Tampa Bay Buccaneers da National Football League (NFL) e retirouse en 2023.
Brady gañou en catro ocasións o premio ao mellor xogador da Super Bowl (XXXVI, XXXVIII, XLIX e LI) e tres premios como MVP da NFL (2007, 2010 e 2017), sendo tamén seleccionado 13 veces como Pro Bowl e liderando ao seu equipo a quince títulos de división, máis que calquera outro quarterback na historia. É tamén o cuarto mellor xogador da historia do fútbol americano en iardas de pase, terceiro mellor en pases de touchdown e tamén terceiro en eficiencia de pase. A nivel colectivo, o seu récord de vitorias derrotas en playoffs é de 30−10, o que supón o maior número de vitorias conseguidas por un quarterback en post-temporada ademais do xogador en xeral que máis partidos deste tipo ten disputado. Debido a todos estes rexistros, moitos analistas e xornalistas deportivos consideran a Brady o mellor quarterback de todos os tempos.[1][2][3] A súa parella é a actriz e modelo brasileira Gisele Bündchen.