Tour de Francia 2009
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 96.ª edición do Tour de Francia, disputada dende o 4 ó 26 de xullo de 2009, estivo composta por 21 etapas nas que se percorreron un total de 3.459 km, incluíndo 93 km de contra o reloxo. A saída da carreira tivo lugar en Mónaco, e a chegada foi como sempre en París.
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI World Ranking de 2009 (pt) |
Distancia do evento | 3.459,5 km |
Lugar de saída | Mónaco |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 180, inicio 156, final |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2009 (en) , Astana 2009, 2009 BBox Bouygues Telecom (en) , 2009 Caisse d'Épargne (en) , 2009 Cofidis (en) , 2009 Euskaltel-Euskadi season (en) , La Française des jeux 2009, 2009 Garmin-Slipstream (en) , Lampre-NGC 2009, 2009 Liquigas (en) , Quick Step in 2009 (en) , Rabobank 2009, Silence-Lotto 2009, Columbia-HTC 2009, 2009 Katusha (en) , 2009 Milram (en) , Saxo Bank 2009, 2009 Agritubel (en) , 2009 Cervélo TestTeam season (en) e Skil-Shimano 2009 (en) | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Mónaco, España, Andorra, Suíza e Italia |
Intervalo de tempo | 4 de xullo de 2009 – 26 de xullo de 2009 |
Número de edición | 96 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Alberto Contador |
A chamada Grande Boucle visitou nesta edición un total de seis países: Mónaco, Francia, España, Andorra, Suíza e Italia (por orde cronolóxica).[1]
As novidades no Tour do 2009 foron a subida ó Mont Ventoux na penúltima etapa (substituíndo á tradicional contra o reloxo por unha xornada de alta montaña), a prohibición de empregar sistemas electrónicos de comunicación entre os ciclistas e os coches dos directores (o cal provocou a protesta dos equipos), e a recuperación da contra o reloxo por equipos.
O gañador final do Tour de Francia foi Alberto Contador. Nas outras clasificacións secundarias impuxéronse Franco Pellizotti (montaña e combatividade), Andy Schleck (mozos), Thor Hushovd (puntos) e Astana (equipos). O corredor que acadou un maior número de vitorias de etapa foi Mark Cavendish con 6 vitorias, todas elas ó sprint.