From Wikipedia, the free encyclopedia
O vichelocrego[2] (Oriolus oriolus), tamén coñecido como ouriolo, milleiro, nicolao e papafigo, é o único membro da familia dos oureois que vive nas zonas tépedas do hemisferio norte. Especie migratoria, vese en verán en Europa e nas rexións occidentais de Asia, mentres que o inverno o bota nos trópicos.
Vichelocrego | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Oriolus oriolus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Verán Inverno |
Habita en árbores grandes de folla caduca en bosques, soutos, carballeiras e parques, a miúdo nas ribeiras dos ríos. Fai un niño moi limpiño e estábel durante anos na gallada das pólas, adoito en amieiros, e contén entre tres e seis ovos. A femia do vichelocrego comeza tarde a facer no niño e a incubación dura uns quince días.
A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas, de aí que nalgunhas partes se lle chame galo cereixeiro. En tamaño é coma o merlo, ou incluso lixeiramente maior (24 cm e 72 g de media).
O macho ten un colorido moi particular que o fai inconfundíbel con calquera outra ave ou paxaro galego. Ten o corpo dun amarelo brillante e as ás e parte da cauda negra. A femia, pola contra, é verde e gris, e resulta moi discreta nos nosos bosques. Os vichelocregos son tímidos e espantadizos de xeito que é moi complexo albiscalos malia a dourada plumaxe dos machos.
O seu nome procede do canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego. Unha das variantes en galego, tamén moi estendida, é oureol, que fai referencia á cor dourada dos machos.
No voo imita os tordos, cun trazado moi directo e veloz, sen apenas oscilacións en distancias medias.
O vichelocrego aparece mencionado nunha sentenza de Confucio, que di:
Aparece no escudo e na bandeira do concello lugués de Ourol.
Bota o millo, bota o millo —Popular[3] |
Téñense rexistrado en distintas fontes moitos nomes galegos para esta mesma ave, algúns populares e outros máis literarios.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.