parte do Mar Mediterráneo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mar Xónico (grego: Ιόνιο Πέλαγος, Iónio Pélagos, italiano: Mar Ionio, albanés Deti Ion) é unha baía alongada do mar Mediterráneo, ao sur do Mar Adriático. Está limitado a oeste pola Italia meridional, incluíndo a Calabria e máis Sicilia, e a leste polo sur de Albania e polo noroeste de Grecia, en especial as Illas Xónicas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Mar Xónico | |
---|---|
Mar Ionio - Deti Ion - Ιóνιo Πελαγoς | |
Localización administrativa | |
Estado | Italia Albania Grecia |
División | Rexións de Sicilia, Calabria e Puglia (ITA) Condado de Vlorë (ALB) Periferias de illas Xónicas, Epiro, Grecia Occidental e Peloponeso (GRE) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Mediterráneo |
Continente | Europa |
Illa/s | Sicilia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Adriático, mar Tirreno |
Illas interiores | Illas Xónicas |
Afluentes | Imera Meridionale (144 km), Simeto (113 km), Cratis (91 km), Sinni (94 km), Agri (136 km), Basento (149 km), Bradano (120 km) (ITA) Aspropótamos (217 km) e Alfeo (110 km) (GRE) |
Cidades ribeiregas | Siracusa, Catania, Taormina, Regio de Calabria, Crotona, Tarento e Gallípoli (ITA) Saranda (ALB) Parga, Préveza, Antiguo Paleros, Ástaco, Fiskardo, Keri e Methoni (GRE) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfos de Noto, Catania, Squillace e Tarento (ITA) Arta, Patras (que conecta c golfo de Corinto), Ciparisia, Mesenia e de Laconia |
Estreitos | Canal de Otranto e estreitos de Corfú (Adriático) e estreito de Mesina (Tirreno) |
Características | |
Profundiade máxima | 5267 |
Áreas protexidas | |
Mapa | |
Localización do mar na Europa sur | |
Vista satélite | |
Todas as illas principais no mar pertencen a Grecia. Son denominadas colectivamente as Illas Xónicas, as principais son Corfú, Cefalonia, Zakynthos, Lefkada e Ítaca. Hai rutas de transbordadores entre Patras e Igoumenitsa en Grecia e Brindisi e Ancona en Italia, que cruzan o leste e norte do mar Xónico e desde O Pireo cara ao oeste. A fosa Calypso, o punto máis profundo do Mediterráneo con 5.267 m. de profundidade, está situado no Mar Xónico, en 36°34′N 21°8′L.[1][2] O mar é unha das áreas máis sismicamente activas do mundo.
O nome "Ionian" provén do idioma grego Ἰόνιον (πέλαγος). A súa etimoloxía é descoñecida.[3] Antigos escritores gregos, especialmente Esquilo, ligárono co mito de Io. No grego antigo, o adxectivo "Ionios" ( Ἰόνιος) usouse como un epíteto para o mar porque Io nadou a través del.[4][5][6] De acordo co "Oxford Classical Dictionary", o nome pode derivarse dos Ionians que navegaron cara ao oeste.[7] Tamén había relatos sobre outras figuras epónimas lendarias,[8] segundo unha versión, Ionius era fillo de Adrias (epónimo para o Mar Adriático). Segundo outra, "Ionius" era un fillo de Dyrrhachus.[9] Cando Dyrrhachus foi atacado polos seus propios irmáns, Hércules, que estaba pasando pola zona, acudiu na súa axuda, pero na loita o heroe matou o fillo do seu aliado por erro. O corpo foi botado á auga, e posteriormente chamouse Mar Xónico.[9]
O mar Xónico separa a península italiana e Sicilia a oeste de Albania e de Grecia ao leste. Xúntase ao mar Tirreno polo Estreito de Messina e ao mar Adriático polo canal de Otrante.
Deu o seu nome ás Illas Xónicas, arquipélago ao largo de Albania do Sur e de Grecia. Engloba o golfo de Tarento na Italia do Sur.
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Xónico como segue:[10]
De sur a norte no oeste, entón de norte a sur no leste:
Na Antigüidade, os colonos gregos pasaban polo mar Xónico de camiño da Magna Grecia (a península italiana).
Era o principal mar onde se comerciaba entre Grecia e Antiga Roma na antigüidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.