economista, escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un economista, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012 [1].
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1961 (63 anos) Rodeiro, España |
Voceiro nacional do BNG | |
2013 – 2015 ← Guillerme Vázquez – Ana Pontón → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista , profesor universitario , político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Alba Nogueira |
Irmáns | José Benito Vence Deza |
Páxina web | xaviervence.blogspot.com |
Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi director do IDEGA entre 1991-95. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos.
Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.
Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o 17 de marzo de 2013, foi nomeado portavoz nacional do BNG[2]. Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña o 28 de febreiro de 2016.
Predecesor: Guillerme Vázquez |
Portavoz Nacional do BNG 2013 – 2015 |
Sucesor: Ana Pontón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.