¡Hay motivo!

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

¡Hay motivo! é unha serie de 32 curtametraxes producidas en febreiro de 2004 e proxectados a partir do 9 de marzo nas que se critican diversos aspectos da realidade social española e ó goberno do Partido Popular en distintos temas sociais e políticos. De acordo cos propios realizadores, o propósito desta serie de curtametraxes era propiciar un cambio de goberno ante as inminentes eleccións xerais.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Contido

Entre os temas de crítica atópanse a subida do prezo da vivenda, a xestión por parte do goberno da crise que seguiu ó afundimento do petroleiro Prestige en Galicia, o apoio do presidente José María Aznar á invasión de Iraq de 2003 ou a manipulación da televisión pública, avalada pola condena xudicial ó presentador de informativos Alfredo Urdaci, por manipulación informativa no caso dunha folga xeral convocada polo sindicato Comisións Obreiras e UXT.

Logo da compilación da película, os cineastas realizaron unha última curta, a que fixo o número 33.

¡Hay Motivo! non se emitiu comercialmente en cines, senón que foi proxectado en universidades e outros lugares que solicitaron expresamente a súa proxección. Tamén se emitiu en canles locais de televisión. Os propios cineastas utilizaron estas canles a fin de difundir a serie tan rápido como lles fose posible, polo que tamén animaron a descargar a película por Internet, a través de redes P2P.

O efecto da película na opinión pública é dificilmente avaliable, xa que os atentados de Madrid o 11 de marzo de 2004, tan só tres días antes das eleccións, supuxeron un cambio demasiado brusco na sociedade e na política española.

Finalmente, a película foi estreada comercialmente o día 12 de novembro de 2004 e proxectada ata o día 25 do mesmo mes, último día de exhibición da cinta. Arredor de 496 espectadores se achegaron ó cine para vela (datos do Ministerio de Cultura). A recadación ascendeu a 2.831,40 euros.

Antecedentes

Un dos detonantes da realización desta cinta foi probablemente a XVII edición dos Premios Goya, celebrada o 1 de febreiro de 2003, na que actores e directores levaron chapas dicindo "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra a mesma.

Outro dos antecedentes foi probablemente o éxito que tivo a película documental de Michael Moore Bowling for Columbine, que supuxo un rexurdimento do xénero documental.

Remove ads

As curtas

  • Libre (Joaquín Oristrell). Con Candela Peña e Secun de la Rosa. Radiografía social.
  • El plan hidrológico (Pere Portabella). Protagonizado por Pedro Arrojo Agudo, profesor de Ciencias Físicas.
  • La pesadilla (Álvaro del Amo). Desastre de Doñana.
  • Cerrar los ojos (David Trueba). Sobre a xustiza española.
  • ¿Dónde Vivimos? (Gracia Querejeta). Acerca do problema da vivenda.
  • La insoportable levedad del carrito de la compra (Isabel Coixet). Sobre os pensionistas e as súa compra.
  • Soledad (José Ángel Rebolledo). Anciáns que morren sós na casa.
  • Adopción (Sigfrid Monleón). Discriminación ante este asunto cara ás parellas homosexuais.
  • Por tu bien (Icíar Bollaín). Sobre a deshumanización dos partos. Protagonizado por Luís Tosar.[1]
  • Adolescentes (Chus Gutiérrez). Trata o tema do sistema educativo.
  • El club de las mujeres muertas (Víctor Manuel). Videoclip da canción "El club de las mujeres muertas", do cantautor Víctor Manuel, que debuta como director realizando o seu propio vídeo musical. Tanto o vídeo como a canción tratan o tema dos malos tratos a mulleres e a violencia machista.
  • Se vende colegio (Pedro Olea). É un caso real. Uns pais quéixanse de que a Igrexa mercou o colexio público (por tanto laico) ó que acudían os seus fillos e agora imparten unhas ensinanzas relixiosas que nada teñen que ver coas anteriores. O problema é que os pais saben desta venda unha vez iniciado o curso académico.
  • Catequesis (Yolanda García Serrano). Pilar Bardem conta un conto, escrito por Juan José Millás, ó espectador; a historia dun cura que abusaba sexualmente de menores e o bispo que o apoiaba.
  • Las barranquillas (Víctor García León). A protección social deixa a un lado a algúns grupos sociais.
  • Madrid, mon amour (Ana Díez e Bernardo Belzunegui).
  • Por el mar corre la liebre (José Luis Cuerda). En 1993, o daquela presidente do Partido Popular e aspirante á Moncloa, José María Aznar, lanzaba unha advertencia premonitoria: "esas cousas quedan gravadas en vídeo".
  • Armas de destrucción mediática (Miguel Ángel Díez). Sobre o famoso caso Urdaci.
  • Manipulación (Imanol Uribe). A manipulación dos medios de comunicación públicos e privados.
  • Mis treinta euros (Fernando Colomo). A un obreiro débenlle trinta euros dunha obra que foi a inaugurar un representante do goberno.
  • Doble moral (Juan Diego Botto).
  • Verja (Alfonso Ungría).
  • Español para extranjeros (José Luis García Sánchez).
  • ¿Legalidad? (Daniel Cebrián). Sobre Guantánamo.
  • Muertos de segunda (El Gran Wyoming). Fala o irmán de José Couso Permuy.
  • Yak-42 (Manuel Gómez Pereira).
  • La pelota vasca (fragmentos) (Julio Medem). Sobre o conflito no País Vasco xerado en torno á violencia de ETA e a cuestión nacional.
  • Kontrastasum (Versos de Gabriel Celaya) (Mireia Lluch).
  • Cena de capitanes (Pere Joan Ventura). Sobre o Prestige.
  • Mayday (Manuel Rivas). Sobre o efecto do chapapote.
  • Técnicas para un golpe de estado (Vicente Aranda).[2]
  • El pasado que te espera (Mariano Barroso). Lista de motivos reais para votar a un partido que apoia a xestión do executivo na última lexislatura.
  • La mosca cojonera (Antonio Betancor). Dá a cara Ramón Fontseré.
  • Epílogo (Diego Galán)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads