Ácido hexanoico
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ácido hexanoico, tamén chamado ácido caproico, é o ácido carboxílico derivado do hexano coa fórmula xeral C5H11COOH. É un líquido oleoso incoloro cun cheiro a graxa, queixo e cera, que lembra o cheiro das cabras[1] ou outros animais similares. É un ácido graxo que se encontra de forma natural en varias graxas animais e aceites, e é un dos compostos químicos que orixina o cheiro desagradable característico da cuberta carnosa que se descompón das sementes da árbore Ginkgo biloba.[3] Tamén é un dos compoñentes da vainilla. O uso principal do ácido hexanoico é a produción de ésteres de aromas artificiais, e na fabricación de hexil derivados, como os hexilfenois.[1]
Os sales e ésteres deste ácido denomínanse hexanoatos ou caproatos.
Non se deben confundir con este outros dous ácidos con nomes procedentes de cabra, como son o ácido caprílico (C8) e o cáprico (C10). Estes dous ácidos, xunto co hexanoico supoñen o 15% das graxas do leite de cabra.
Os ácidos caproico, caprílico e cáprico úsanse na formación de ésteres e tamén como compoñente de aromas de: manteiga, leite, nata, amorodos, pan, cervexa, noces, e outros.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads