1917 (filme de 2019)
filme de 2019 dirixido por Sam Mendes From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Baséase en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes.[1] O filme conta a historia de dous mozos soldados británicos durante a primeira guerra mundial que teñen por misión entregar unha mensaxe para evitar un ataque despois da retirada alemá da Liña Hindenburg durante a Operación Alberich en 1917. Esta mensaxe é especialmente importante para un dos soldados, cuxo irmán forma parte do ataque inminente.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: 1917 (homónimos).
O proxecto foi anunciado oficialmente anunciado en xuño de 2018, asinando MacKay e Chapman en outubro e o resto do elenco o mes de marzo seguinte. A rodaxe produciuse dende abril até xuño de 2019 no Reino Unido, co fotógrafo Roger Deakins e o editor Lee Smith empregando tomas longas para simular que o filme enteiro foi rodado en dúas tomas continuas.[2][3][4]
1917 estreouse e Londres o 4 de decembro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de decembro a través de Universal Pictures, e no Reino Unido o 10 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment One. O filme recibiu a aclamación da crítica pola dirección de Mendes, as interpretacións, a fotografía, a banda sonora, a edición, a mestura do son e o seu realismo. Entre os seus premios, o filme recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor director, gañando finalmente tres premios, incluíndo o de mellor fotografía.
Estreouse en galego o 21 de xuño de 2022 a través da TVG.[5] Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.[6]
Remove ads
Personaxes
- George MacKay como Lance Corporal William "Will" Schofield
- Voz en galego de Nacho Castaño.[6]
- Dean-Charles Chapman como Lance Corporal Thomas "Tom" Blake
- Voz en galego de Dami Lema.[6]
- Mark Strong como Capitán Smith
- Andrew Scott como Tenente Leslie
- Richard Madden como Tenente Joseph Blake
- Claire Duburcq como Lauri, habitante de Écoust-Saint-Mein
- Colin Firth como Xeneral Erinmore
- Benedict Cumberbatch como Coronel Mackenzie
- Daniel Mays como Sarxento Sanders
- Voz en galego de Antón Rubal.[6]
- Adrian Scarborough como Major Hepburn
- Jamie Parker como Tenente Richards
- Michael Jibson como Tenente Hutton
- Richard McCabe como Coronel Collins
- Voz en galego de César Cambeiro.[6]
- Chris Walley como Soldado Bullen
- Nabhaan Rizwan como Sepoy Jondalar
- Michael Cornelius como Soldado Cornelius
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads