21 Lutetia

asteroide From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

21 Lutetia é un asteroide pertencente ó cinto de asteroides e dun tipo espectral infrecuente. Mide uns 100 km de diámetro (aproximadamente 130 km no seu eixo máis longo). Foi descuberto en 1852, e o seu nome provén da denominación latina de París. É o asteroide máis grande visitado por unha sonda, a nave Rosetta.

Datos rápidos Descubrimento, Descuberto por ...
Remove ads

Descubrimento e exploración

Lutetia foi descuberto o 15 de novembro de 1852 por Hermann Goldschmidt desde o balcón do seu apartamento en París.[1][2] Entre novembro e decembro de 1852 o astrónomo alemán Georg Rümker e outros calcularon unha órbita preliminar.[3] En 1903 foi fotografado en oposición por Edward Pickering desde o observatorio de Harvard, calculándolle unha magnitude na oposición de 10,8.[4]

Thumb
Órbita de 21 Lutetia e a súa posición o día 1 de xaneiro de 2009.

Hai rexistros de dúas ocultacións estelares de Lutetia, observadas desde Malta en 1997 e Australia en 2003, cunha única franxa observada en cada unha, e producindo resultados que máis ou menos coinciden coas medicións do satélite IRAS.

O 10 de xullo de 2010 a sonda espacial Rosetta, da ESA, aproximouse a Lutetia a unha distancia mínima de 3168 ± 7.5 km a unha velocidade de 15 km/s mentres ía de camiño ó seu encontro co cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.[5] O achegamento proporcionou imaxes cunha resolución de ata 60 metros por píxel[6]. Entre os instrumentos de medida tamén se atopaban espectrómetros e experimentos de campo magnético, plasma, po e radio[6]. Os datos recollidos axudarán a determinar se Lutetia é un asteroide indiferenciado de clase C ou un asteroide de tipo M[6]. Antes de Lutetia, o asteroide máis grande visitado fora 253 Mathilde.

Remove ads

Características

Masa

O sobrevoo de Rosetta desmostrou que a masa de Lutetia é de 1,7x1018 quilogramos[6], menor que os 2,57x1018 kg estimados antes do sobrevoo.[7]

Composición

A composición de Lutetia foi un enigma para os científicos durante un tempo, aumentando as investigacións en anticipación do sobrevoo de Rosetta. Aínda que foi clasificado como un asteroide de tipo M[8], a maior parte dos cales son metálicos, Lutetia é un dos membros anómalos e non mostra grande evidencia de metal na súa superficie. De feito hai indicios dunha superficie non metálica: un espectro plano e de baixa frecuencia, similar ó das condritas carbonáceas e asteroides de tipo C e distinto do espectro dos meteoritos metálicos, un baixo albedo de radar a diferenza dos altos albedos de asteroides metálicos como 16 Psyche, evidencia de materiais hidratados na superficie, abundancia de silicatos e unha capa máis grosa de regolito que na maioría de asteroides. Sospéitase que a densidade de Lutetia é alta, da orde de 5 g/cm3.

A sonda Rosetta descubriu que Lutetia está cuberto por unha capa de regolito duns 600 m de espesor, que suaviza as formas de moitos grandes cráteres.

Remove ads

Forma e inclinación axial

As fotografías tomadas por Rosetta confirmaron os resultados da análise de 2003 da curva de luz que describía Lutetita como aproximadamente unha esfera con trazos irregulares. Un estudo levado a cabo por I. N. Belskaya et al entre 2004 e 2009 propoñía que "Lutetia ten unha forma non convexa, probablemente debido a un gran cráter"; aínda non está claro se as observacións de Rosetta apoian esta afirmación. A análise da curva de luz tamén indicou que os polos de Lutetia apuntan cara ás coordenadas eclípticas (β, λ) = (3°, 40°) ou (β, λ) = (3°, 220°), con 10º de incerteza, implicando unha inclinación axial de 85º ou 89º, respectivamente, o que significa que o eixo de rotación está aproximadamente paralelo á eclíptica, de forma parecida ó planeta Urano.

Nomenclatura

En marzo de 2011 o grupo de traballo para a nomenclatura planetaria da Unión Astronómica Internacional acordou un esquema para nomear os trazos xeográficos de Lutetia. Dado que Lutetia (que tamén lle deu nome ó elemento químico Lutecio) era unha cidade romana (París), os cráteres dos seus asteroides levarían nomes de cidades do Imperio Romano e das partes adxacentes de Europa durante o tempo no que Lutetia existiu. As súas rexións serán nomeadas segundo o descubridor de Lutetia (Goldschmitt) e segundo as provincias do Imperio Romano do tempo de Lutetia. Outros trazos serán nomeados en base a ríos do Imperio Romano e das partes adxacentes de Europa no momento de existencia de Lutetia.

Remove ads

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads