ADN satélite

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O ADN satélite é un tipo de secuencias repetitivas do ADN que se separan a partir do ADN cromosómico por ultracentrifugación diferencial. O ADN satélite consta de longas secuencias dispostas en tándem repetitivas e non codificantes. O ADN satélite é o principal compoñente dos centrómeros dos cromosomas e dos telómeros, e forma o principal compoñente estrutural da heterocromatina.[1]

Ver satélite (homónimos).

As secuencias de ADN satélite poden ter varios millóns de pares de bases pero as unidades que se repiten son moito máis pequenas e denomínanse "unidade de repetición". Estas unidades varían en lonxitude dun tipo de ADN satélite a outro, desde só 5 pares de bases nos satélites III humanos a 755 pares de bases nos satélites dos xenomas das plantas [2]. Os bloques de ADN satélite poden ter unha lonxitude de varias megabases sen interrupción.

O nome "ADN satélite" débese a que estas secuencias, debido á súa natureza repetitiva, tenden a ter unha frecuencia de nucleótidos (adenina, guanina, citosina e timina) diferente da do resto do ADN, polo que teñen tamén diferente densidade e sedimentan por separado nas ultracentrifugacións de ADN en gradiente de densidade de cloruro de cesio, formando unha banda secundaria ou "satélite" distinta da banda do resto do ADN.

Remove ads

Tipos de ADN satélite

O ADN satélite, xunto co ADN minisatélite e o ADN microsatélite, consta de repeticións en tándem. Algúns tipos de ADN satélite humano son:

Máis información Tipo, Tamaño da unidade repetida (bp) ...

A secuencia nucleotídica das repeticións está bastante ben conservada entre as especies. Porén, é común a variación na lonxitude das repeticións. Por exemplo, o ADN minisatélite é unha curta rexión de (1-5kb) con 20-50 repeticións variables en número.

Remove ads

No xenoma humano

O xenoma humano contén arredor dun 7 % de ADN satélite.[2].

O ADN α-satélite (tamén chamado ADN alfoide) está constituído por repeticións dun motivo de 171 pares de bases [3]. Atópase no centrómero de todos os cromosomas, onde se estende por rexións con lonxitudes que van desde centos de miles de pares de bases a varios millóns. O número de repeticións e o tamaño total varían dun cromosoma a outro e dun individuo a outro. O ADN α-satélite contribúe á función do centrómero, permitindo o recrutamento da proteína CENP-B (Centromeric protein B) pola intermediación dun motivo conservado de 17 pares de bases. Porén, non é indispensable para a correcta función do centrómero, xa que poden observarse neocentrómeros plenamente funcionais en rexións xenómicas desprovistas de α-satélites[4].

O ADN β-satélite esta constituído por repeticións dun motivo de 68 pares de bases[5]. Aparece en rexións dun tamaño de 50 a 300 kb nos brazos curtos dos cromosomas acrocéntricos (cromosomas 13, 14, 15, 21 e 22), arredor dos centrómeros dos cromosomas 1, 3 e 9 e sobre o brazo longo do cromosoma Y [6].

O ADN satélite III está constituído por repeticións dun motivo de 5 pares de bases (GGAAT), que ocupa varios centos de kb na rexión pericentromérica da maior parte dos cromosomas [2].

Remove ads

No xenoma do rato

O ADN satélite representa arredor do 3,5 % do xenoma murino [7] e está asociado a rexións centroméricas e pericentroméricas de todos os cromosomas. Hai dous tipos de satélites no ADN murino:

  • os satélites maiores, constituídos por repeticións dun motivo de 234 pares de bases, situados nas rexións pericentroméricas [8] ;
  • os satellites menores, constituídos por repeticións dun motivo de 123 pares de bases, situados nas rexións centroméricas [9].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads