Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

asociación profesional galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Remove ads

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

Datos rápidos Nome curto, Instancia de ...

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea foi o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.[1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[3]

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro de Lingua.[4]

Remove ads

Presidentes

Sucesivamente:

Composición do consello directivo

Thumb
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.
Remove ads

Escritor galego universal

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads