Bernardino Graña

escritor, cagador e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Bernardino Graña
Remove ads

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932 e finado en Nigrán o 18 de xaneiro de 2025, foi un escritor galego.[1][2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Bernardino Graña Refojos. Pasou a súa infancia en Cangas e Ribadavia, onde o seu pai dirixía unha academia na que coñeceu a Xesús Alonso Montero.

Aos 17 anos, Bernardino Graña quixo marchar de Galicia como polisón nun barco a Venezuela e meteuse nun bote salvavidas, pero pillárono: «Non sei por que o barco estaba vixiado pola policía, e non me deron permiso. Eu deixara aviso a un amigo para que lle dixese á miña familia que non estaba desaparecido».[4]

Estudou Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Madrid, doutorouse cunha tese sobre Miguel Torga.[5]

Foi catedrático de lingua e literatura na educación secundaria en diversos destinos, entre eles Onda, Reus, Guadix, Zaragoza, Padrón, Sarria e Cangas, até a súa xubilación en 1991. Desde moi mozo formou parte do consello de redacción da revista poética Alba.

En Salamanca nos anos 1950, co poeta e profesor Rafael Laínez Alcalá, participou nas revistas poéticas e no faladoiro Marabunta, que organizaba recitais na Universidade salmantina na aula de Salinas e outros foros.[6] Participou tamén como articulista en La Noche e Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta noutras publicacións,[7] como Vieiros, Grial, Ágora,[8] Boletín Galego de Literatura, Dorna: expresión poética galega, Grial: revista galega de cultura, Ínsula: revista de letras y ciencias humanas.

Foi parte da xinea das Festas Minervais (gañador do certame nos anos 1954, 1955, 1959 e 1969) e como tal, en 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid. Tamén foi impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG),[9] entidade da cal foi nomeado socio de honra no 1996 e Presidente de Honra en 2021.[10] Cofundador do grupo Acia (Associaçao cultural das illhas Atlánticas; fundada en Madeira, Portugal). A finais dos 70, xuntamente con Antón Santamarina, Méndez Ferrín e outros, deu os primeiros pasos para a creación dun Pen Club galego.[11]

É coautor do Apéndice Lexicográfico do Diccionario de D. Eladio Rodríguez González (1961).

Finou na Residencia Stella Maris de Nigrán o 18 de xaneiro de 2025.[12][13]

Ingreso na RAG

O 12 de xuño de 2010 entrou a formar parte da Real Academia Galega (RAG), nun acto que se celebrou no Auditorio de Cangas e no que foi recibido por Xosé Luís Méndez Ferrín. Os contos populares e Rosalía foron o eixo do discurso de ingreso. Comezou falando da súa infancia e do ser galego, que comparou co mar e cos peixes: “Os galegos somos como os salmóns. Se queremos buscar as nosas augas puras e primixenias e seguirmos sendo como nós mesmos, se queremos sobrevivir, sermos fieis á nosa identidade, temos que deixar o ancho mar castelán e impulsarnos contra corrente”.[14]

A RAG celebrou unha homenaxe na súa honra en marzo de 2022. Falaron Marilar Aleixandre, Víctor Freixanes, o alcalde de Nigrán, Xesús Alonso Montero (laudatio) e recitaron varios poetas.[15]

Remove ads

Traxectoria literaria

Poeta

Poesía de protesta civil, ecoloxismo e poemas de circunstancia en homenaxe a amigos ou admirados son temas frecuentes na súa obra. Algúns dos poemas foron convertidos en cancións de músicos como Suso Vaamonde, o dúo Mini e Mero ou o grupo de rock cangués Astarot:[16] “O gato da tasca mariñeira”, “Oda aos mariñeiros de Cangas”, “Quedei no bar seco como un peixe”, “Como hei vivir mañá sen a luz túa?". Ademais de Gelria e O Leo i Arremecághona!.

A paisaxe, a lingua, a experiencia amorosa e os ambientes mariñeiros nos que creceu deixaron unha forte pegada na súa lírica.[17] O seu primeiro libro, Poema do home que quixo vivir (Brais Pinto en 1958) é de marcado carácter existencialista. De 1966 é Profecía do mar, no que o poeta establece un diálogo apaixonado cun mar investido de gran forza telúrica na lingua patrimonial dos mariñeiros de Cangas. De 1980 é Se o noso amor e os peixes..., que inclúe pezas que lindan ás veces co neotrobadorismo e que constitúen algúns dos mellores exemplos de poesía amorosa en lingua galega, como o titulado “Como hei vivir mañá sen a luz túa?” (Case morto vivín sen coñecerte / aló na chaira por absurdas rúas / onde ninguén me soupo dar mornura).[18]

Segundo Méndez Ferrín "Profecía do Mar, un dos esteos sobre os que descansa a nosa poesía do século XX. En libros seguintes, o verso robustécese, amplíase, devece, acompásase aos ritmos sociais, históricos. Confésase próximo a Raimundo Patiño e á pintura expresionista abstracta, digamos Pollock. Vemos un Bernardino lonxe do negativismo e do pesimismo que puido entretelo en días xuvenís".[19]

Narrador

En Protoevanxeo do neto de Herodes (2006) transforma a liñaxe canónica de Xesús ao situalo como fillo de María e Antípatro e, por tanto, neto de Herodes. Máis que cuestións de índole teolóxica, a narración desenvolve o conflito político entre Roma e Israel no que Antípatro toma partido polos xudeus. O tema da vida e obra de Xesús sería tratado de novo desde a mesma perspectiva heterodoxa no libro A fuga a Exipto (2016).[18] "Creo que na Biblia hai moitas cousas ocultas e outras que están mal interpretadas, así que eu sigo para esta novela os evanxeos apócrifos e algunhas outras tradicións ocultas e non escritas do cristianismo», explicaba o autor.[20]

Dramaturgo

Vinte mil pesos crime (1962) é un clásico da literatura dramática de posguerra no que desenvolve un argumento de violencia e corrupción moral mediado polo diñeiro. Seguiron outras pezas nas que desenvolve con humor, tenrura e sinxeleza cuestións de crítica social e denuncia da mercantilización da vida moderna.[18]

Literatura infanto-xuvenil

Foi o público máis o receptor de boa parte das súas obras. Neste xénero Bernardino Graña amosa a influencia da narrativa oral tradicional que coñeceu de neno e celebrou no seu discurso de ingreso na Academia, Contos populares e Rosalía.[18] «Son un neno; eu teño un punto de vista da miña infancia, que perdura en min, son inxenuo», confesaba.[20]

Remove ads

Obras

Poesía

Teatro

Literatura infanto-xuvenil

Narrativa

Libros de conversas co autor

Epistolarios

Edicións

Obras colectivas

  • Homenaxe a Luís Seoane (1977).
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978, Ediciós do Castro).
  • I Festival de Poesía no Condado (1981, S. C. D. Condado).
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • Os monos contra os paxaros (1992, Xunta de Galicia).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Relato contemporáneo (1995, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003, Edicións do Cumio).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Vinte cantigas de escarnio e maldicir (2009, Morgante). Edición literaria con Alexandre Ripoll Anta.
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Berros no roncar das ondas (2012, ArTeu). Poemas en diálogo con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender.
Remove ads

Premios

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads