Asociación de Nacións do Sueste Asiático

organización de países do sueste de Asia From Wikipedia, the free encyclopedia

Asociación de Nacións do Sueste Asiático
Remove ads

A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (inglés: Association of Southeast Asian Nations ou ASEAN)[n. 1] é unha organización intergobernamental de estados do sueste asiático creada o 8 de agosto de 1967 por cinco países: Tailandia, Indonesia, Malaisia, Singapur e Filipinas, co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os estados membros. Na actualidade está integrada por 10 países da rexión do sueste asiático; xa que os cinco primeiros posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa-Nova Guinea ten status de observador.

  1. De acordo co diario dixital Expansión (Datos Macro), habítana uns 646 millóns de persoas e o seu PIB anual é de 2,45 billóns de euros,[4] aínda que outras fontes apuntan a un PIB de 5,7 billóns de dólares.[5]

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...

Os principais obxectivos da ASEAN son: acelerar o crecemento económico e fomentar a paz e a estabilidade rexional. A ASEAN estableceu un foro conxunto con Xapón, sostén un acordo de cooperación coa Unión Europea (UE), e iniciou conversacións para a cooperación comercial oficial con Unión Económica Eurasiática (UEE).[6] A súa sede principal atópase en Iacarta.

A ASEAN tamén se relaciona regularmente con outros países da rexión Asia-Pacífico e de fóra dela. Como socio principal da Organización de Cooperación de Shanghái, a ASEAN mantén unha rede global de alianzas e socios de diálogo e é considerada por moitos como unha potencia mundial,[7][8] a unión central para a cooperación en Asia-Pacífico, e unha organización prominente e influente. Participa en numerosos asuntos internacionais e alberga misións diplomáticas en todo o mundo.[9][10][11][12]

En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza.

Remove ads

Historia

Fundación

A antecesora da ASEAN foi a Asociación do Sueste Asiático (ASA), constituída o 31 de xullo de 1961 e integrada por Tailandia, Filipinas e a Federación Malaia.[13][14] A ASEAN creouse o 8 de agosto de 1967, cando os ministros de asuntos exteriores de cinco países -Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia- asinaron a Declaración da ASEAN.[15] Tal e como se recolle na declaración, os obxectivos e propósitos da ASEAN son acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural da rexión, promover a paz rexional, a colaboración e a asistencia mutua en asuntos de interese común, prestarse asistencia mutua en forma de servizos de formación e investigación, colaborar para unha mellor utilización da agricultura e a industria co fin de elevar o nivel de vida da poboación, promover os «Estudos sobre o Sueste Asiático» e manter unha cooperación estreita e beneficiosa coas organizacións internacionais existentes con obxectivos e propósitos similares.[16][17]

A creación da ASEAN estivo motivada inicialmente polo o desexo de conter o comunismo,[18][19] que se afianzou en Asia continental tras a segunda guerra mundial, coa formación de gobernos comunistas en Corea, China e Vietnam, acompañada da chamada "emerxencia" comunista na Malaisia británica, e de disturbios nas recentemente descolonizadas Filipinas.

Estes acontecementos tamén alentaron a formación previa da Organización do Tratado do Sueste Asiático (SEATO), liderada polos Estados Unidos, Reino Unido e Australia, con varios socios do sueste asiático en 1954 como unha extensión da política de "contención", que buscaba crear unha versión oriental da OTAN.[20] Con todo, os Estados membros locais do grupo ASEAN lograron unha maior cohesión a mediados da década de 1970, tras un cambio no equilibrio de poder despois da caída de Saigón e o final da guerra de Vietnam en abril de 1975 e o declive da SEATO.

O primeiro cume da ASEAN, celebrada en Balí, Indonesia, en 1976, deu lugar a un acordo sobre varios proxectos industriais e á firma dun Tratado de Amizade e Cooperación, e unha Declaración de Concordia. O final da guerra fría permitiu aos países da ASEAN exercer unha maior independencia política na rexión, e na década de 1990, a ASEAN xurdiu como unha voz líder en comercio rexional e cuestións de seguridade.[21]

O 15 de decembro de 1995 asinouse o Tratado sobre a Zona Libre de Armas Nucleares do Sueste Asiático para converter o sueste asiático nunha zona libre de armas nucleares. O tratado entrou en vigor o 28 de marzo de 1997, tras a súa ratificación por todos os Estados membros menos un. Entrou plenamente en vigor o 21 de xuño de 2001, despois de que Filipinas o ratificase, prohibindo de feito todas as armas nucleares na rexión.[22]

Expansión

O 7 de xaneiro de 1984, Brunei converteuse no sexto membro da ASEAN[23] e o 28 de xullo de 1995, Vietnam uniuse como o sétimo.[24] Laos e Myanmar uníronse dous anos despois, o 23 de xullo de 1997.[25] Camboxa ía incorporarse ao mesmo tempo que Laos e Myanmar, mais unha loita política interna retardou o seu ingreso ata o 30 de abril de 1999 trala estabilización do seu goberno.[25][26]

En 2006, a ASEAN recibiu o status de observador na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas.[27] Como resposta, a organización outorgou o status de "socio de diálogo" á ONU.[28]

O 15 de decembro de 2008, os estados membro reuníronse en Iacarta para lanzar unha carta, asinada en novembro de 2007, para achegarse a "unha comunidade ao estilo da Unión Europea".[29]

Puntos en común

Ademais da súa gran proximidade xeográfica, os politologos consideran que as nacións do Sueste asiático son unha encrucillada cultural entre a Asia Oriental e a Asia Meridional, situadas en puntos críticos do mar da China Meridional así como do océano Índico, e como resultado recibiron moita influencia das influencias islámica e persa antes das épocas coloniais de Europa.[30][31]

Desde aproximadamente o ano 100 a.C., o arquipélago do Sueste Asiático ocupaba unha posición central na encrucillada das rotas comerciais do océano Índico e do mar da China Meridional, o que estimulou a economía e a afluencia de ideas.[32] Isto incluíu a introdución dos alfasilabarios no sueste Asiático, así como a escrita chinesa en Vietnam. Ademais de varias escrituras indíxenas, diversas escrituras bráhmicas estaban moi estendidas tanto no sueste Asiático continental como no insular. Historicamente, escrituras como a pallava, a kawi (da antiga escritura támil) e a rencong ou a surat ulu utilizáronse para escribir o malaio antigo, ata que foron substituídas polo jawi durante as misións islámicas no arquipélago malaio. [33]

O colonialismo europeo influíu na maioría dos países da ASEAN, como na Indochina Francesa (actuais Vietnam, Laos e Camboxa), Birmania británica, Malaia e Borneo (actuais Myanmar, Malaisia e Singapur, e Brunei), Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), Indias Orientais Españolas (actual Filipinas e outras colonias), e Timor portugués (actual Timor Oriental), e só Tailandia (entón Siam) non se formou a partir dunha colonia europea anterior.[34] Siam serviu de cómodo Estado tapón, intercalado entre a Birmania británica e a Indochina francesa, pero os seus reis tiveron que lidar con tratados desiguais, así como coa inxerencia política británica e francesa e as perdas territoriais tras o conflito franco-siamés de 1893 e o tratado anglo-siamés de 1909.[35] Baixo a colonización europea, as nacións do sueste asiático coñeceron as relixións e tecnoloxías europeas, así como o alfabeto latino.

O imperio xaponés, na liña do concepto de Esfera de Coprosperidade da Gran Asia Oriental, pretendía unir e crear unha identidade panasiática contra o ocupación colonial occidental, pero a alianza do Xapón coas potencias do Eixe na segunda guerra mundial agreou as relacións entre moitas colonias de Europa e os Estados Unidos. A derrota do Xapón Imperial deu lugar á movementos de descolonización en todo o sueste asiático, dando lugar aos estados independentes da ASEAN de hoxe en día.

Carta da ASEAN

Vídeo: A ASEAN explicada en 5 minutos

O 15 de decembro de 2008, os Estados membros reuníronse en Iacarta para pór en marcha a carta asinada en novembro de 2007, co fin de achegarse a «unha comunidade ao estilo da UE».[29] A carta establecía formalmente a ASEAN como entidade xurídica, co obxectivo de crear un bloque comercial único para unha rexión que engloba a 500 millóns de persoas. O presidente indonesio Susilo Bambang Yudhoyono declarou: «Trátase dun acontecemento transcendental cando a ASEAN está a consolidarse, integrandose e transformandose nunha comunidade. Lógrase mentres a ASEAN busca un papel máis vigoroso nos asuntos asiáticos e mundiais nun momento en que o sistema internacional experimenta un cambio sísmico». Referíndose ao cambio climático e á axitación económica, concluíu: «O Sueste Asiático xa non é a rexión amargamente dividida e arrasada pola guerra que era nos anos sesenta e setenta».

A crise financeira de 2007-2008 considerouse unha ameaza para os obxectivos da carta.[36] e tamén expuxo a idea de crear un organismo de dereitos humanos que se debatería nun futuro cume en febreiro de 2009. Esta proposta causou controversia, aínda que o organismo non tería poder para impor sancións nin castigar aos países que violasen os dereitos dos cidadáns e, por tanto, a súa eficacia sería limitada.[37] O organismo creouse máis tarde, en 2009, co nome de Comisión Intergobernamental de Dereitos Humanos da ASEAN. (AICHR).

En novembro de 2012, a comisión adoptou a Declaración de Dereitos Humanos da ASEAN.[38] Con todo, a súa declaración de dereitos humanos foi amplamente criticada pola comunidade internacional, e o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos afirmou que a declaración está redactada de forma problemática e que non se axusta facilmente ás normas internacionais. Do mesmo xeito, Human Rights Watch nos Estados Unidos de América sinalou que se omitiron ou non se estableceron claramente varios dereitos fundamentais importantes.[39]

A presidencia da ASEAN rota entre os Estados membros. Malaisia ocupará o cargo no 2025. As presidencias recentes da ASEAN son as seguintes:[40]

Máis información Ano, País ...
Remove ads

Obxectivos

Tal e como se recolle na Declaración da ASEAN, a finalidade e obxectivos da asociación son:[41][42]

  • Acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural na rexión.
  • Promover a paz rexional e a estabilidade.
  • Promover a colaboración e a axuda mutua en asuntos de interese común.
  • Proporcionarse axuda uns aos outros en forma de facilidades de investigación e formación.
  • Colaborar para un mellor emprego da agricultura e a industria para aumentar o nivel de vida das persoas.
  • Promover estudos do Sueste Asiático.
  • Manter unha cooperación próxima e beneficiosa con organizacións internacionais con finalidades e obxectivos semellantes.[43]
Remove ads

Estados membros

Thumb
Bandeiras dos membros da ASEAN Iacarta.

Membros fundadores:

Membros adheridos con posterioridade:

Máis información País, Capital ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads