A Agra do Orzán, A Coruña
barrio da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Agra do Orzán é o barrio máis populoso[3] (29 139 habitantes, ano 2011[4]) da Coruña. Con só 0,423 km² de superficie, a densidade de poboación acada os 68 887,52 hab/km², a máis alta do concello. Está situado na parte oeste da cidade, cara a onde se foi desenvolvendo durante os anos 70 e 80 do século XX, incorporando zonas moi variadas. Un dos seus atractivos é a rúa Barcelona, que é peonil e conta cun comercio moi activo.

A súa superficie quedaría circunscrita dentro da área delimitada polas seguintes vías, comezando pola situada máis cara ao norte e continuando en sentido horario: rúa Manuel Murguía, ronda de Nelle, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada (que incluiría o polígono do Ventorrillo, de nova traza), rúa Ágora, travesía Pedreira Ríos e ronda de Outeiro.
A Agra do Orzán identifícase co distrito censal 6 da Coruña.[5][6]
Remove ads
Toponimia
O topónimo provén do latín ager, -ri, e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.
Historia
A historia urbana do barrio iniciouse nos anos 40 cando comezaron a establecerse emigrantes doutras zonas de Galicia nos campos da Agra do Orzán, onde construían "ranchitos", casas unifamiliares con horta. O plan de ordenamento de 1948 definiu o espazo coa creación das roldas de Nelle e Outeiro. A expansión do barrio comezou na década seguinte, con rúas sen planificar e edificios mal orientados. Ademais, o Instituto Nacional da Vivenda construíu o Grupo Mariñeiros en 1957[7] e as Casas de Franco, coñecidas popularmente como "Katanga", en 1963”.[8][9]
Fitos
- 1969: inaugurábanse os centros educativos Raquel Camacho (educación primaria) e o IES Agra I.
- 1975: inaugurábase o mercado municipal de abastos das Conchiñas[10], rehabilitado a comezos de 2009[11]
- 1976: fundouse no barrio a primeira asociación de veciños da cidade.[9]
- 1985: apertura dos Multicines Chaplin, pechados vinte anos despois: o 25 de agosto de 2005. Foi a única sala da Coruña que chegou a proxectar cinema X .[12]
- 1986: inaugurábase a praza das Conchiñas tras do mercado homónimo.
- 1993: inaugurábase o centro de atención primaria e de especialidades do Ventorrillo[10].
- 1994: Francisco Vázquez Vázquez inauguraba a peonalización da rúa Barcelona.
- 26 de marzo de 2011: o entón alcalde da Coruña Javier Losada inauguraba o Centro Cívico Ágora aínda que esta instalación tardaría un tempo en abrir ao público.[13]
- 21 de setembro de 2012: quedaba inaugurada como Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña a autoestrada urbana V-1.4, que permitiría desde aquela o tráfico entre norte e sur da parte occidental da cidade sen necesidade de atravesar o barrio pola Ronda de Outeiro.
- 20 de febreiro de 2015: Carlos Negreira inauguraba o aparcadoiro soterrado baixo unha reformada praza das Conchiñas[14].
Remove ads
Galería de imaxes
- Igrexa parroquial de San Francisco, na zona coñecida como "Katanga".
- Escultura na praza das Conchiñas
- Praza das Conchiñas, inaugurada en 1986
- Centro de Saúde, inaugurado en 1993
- Cruzamento da Ronda de Outeiro coa avenida de Fisterra, no límite co barrio da Sagrada Familia e o polígono industrial de Agrela-Bens
- Na rotonda coñecida como do "Pavo real", pola súa escultura floral, comeza a Ronda do Real Club Deportivo da Coruña, que permitiu aliviar o tráfico do barrio.
- Vistas do barrio desde San Pedro de Visma
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads