A Fouce (Buenos Aires)
voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Fouce foi unha publicación de marcado carácter independentista. Era o voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e logo da Sociedade Nazonalista Pondal, que se publicou dende xaneiro de 1926[1] até xullo de 1936.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Fouce.
Remove ads
Historia e características
Tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires esgazou en dous. Mentres Blanco Amor e os seus partidarios marcharon á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, outro sector encabezado por Manuel Oliveira Viqueira, Moisés da Presa, Clemente López Pasarón e Lino Pérez refundouna en 1925 cun marcado carácter independentista, e en xaneiro de 1926 comezou a editar A Fouce como o seu voceiro. Editáronse ese ano catro números, e ininterrompido a publicación. Entre os seus redactores figurou Sebastián Guerrero.
En 1927 a Irmandade converteuse nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal que logo será coñecida como Sociedade Nazonalista Pondal. A Pondal foi a unha das primeiras asociacións que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia.
A Fouce volveu aparecer o 1 de febreiro de 1930, sendo nesta segunda época quincenal e mensual. En maio dese ano foi nomeado director Vicente Barros.[2] Entre os seus colaboradores figurou Bieito Fernández Álvarez. O último número apareceu o 25 de xullo de 1936.
Durante a Guerra civil española, en 1938, autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires.
O 15 de agosto de 1941 volveu editarse unha publicación con este título, na que participaron antigos membros da Sociedade Nazonalista Pondal, entre eles, Vicente Barros, que foi o novo director[3] e durará até 1944.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads