Abd al-Rahman II

From Wikipedia, the free encyclopedia

Abd al-Rahman II
Remove ads

Abd al-Rahman II[1], Abderramán II, Abderrahman II ou 'Abd ar-Rahmān II, nado en 792 e finado en 852, foi o cuarto emir omeia de Córdoba de 822 ata a súa morte.[2] Coñecido por guerreiro eficaz e tamén como mecenas das artes.[3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Abd al-Rahman naceu en Toledo, fillo do emir al-Hakam I. Na súa mocidade participou no chamado masacre da gabia, cando 72 nobres e centos dos seus asistentes foron masacrados nun banquete por orde de al-Hakam.

Sucedeu ao seu pai como emir de Córdoba en 822 e durante 20 anos participou nunha guerra case continua contra Afonso II, detendo o seu avance cara ao sur. En 825, fixo construír unha nova cidade, Murcia, e procedeu a asentala con musulmáns leais para garantir a súa estabilidade. En 835 enfrontouse aos rebeldes de Mérida facendo construír unha gran fortaleza. En 837, reprimiu unha revolta de cristiáns e xudeus en Toledo con medidas similares.[4] Ditou un decreto polo que se prohibía aos cristiáns buscar o martirio, e mandou un sínodo cristián para prohibilo.

En 839 ou 840, enviou unha embaixada baixo al-Ghazal a Constantinopla para asinar un pacto co Imperio Bizantino contra o Califato Abbásida.[5] Enviouse outra embaixada que puido ir a Irlanda ou Dinamarca, probablemente fomentando o comercio de peles e escravos.[6]

En 844, Abd al-Rahman rexeitou un asalto dos viquingos que desembarcaran en Cádiz, conquistaron Sevilla (a excepción da súa cidadela) e atacaron ata Córdoba. Despois construíu unha frota e un arsenal naval en Sevilla para repeler futuras incursións.

Fixo fronte as revolta dos mozárabes (850-859), e respondeu ás solicitudes de axuda de Guillerme de Septimania na súa loita contra Carlos II o Calvo, quen reclamara as terras que Guillerme consideraba súas.[7]

Abd al-Rahman foi famoso pola súa política de construción pública en Córdoba. Fixo engadidos á Mesquita de Córdoba,[2] continuando o traballo iniciado polo seu avó. Tamén participou na execución dos mártires de Córdoba, e foi mecenas do gran compositor Ziryab. Morreu no ano 852 en Córdoba.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads