Abezames
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Abezames é un concello da comarca de Terra de Campos, ao seu paso pola provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España Ten unha superficie de 12,26 quilómetros cadrados, cunha poboación de 98 habitantes.
Destaca ao achegarse ao pobo, polo ton da súa pedra gris presidindo, no alto, toda a localidade, a igrexa de San Miguel, a actual parroquia. Ao outro lado, nas aforas, están as ruínas da que foi tamén parroqui até o primeiro terzo do século XX, a igrexa de San Salvador.
A elevación máis destacada é o cerro ou teso Lutero, relativamente próximo ao núcleo de poboación.
Ao lado, ao oeste, vello pombais, hoxe derruídos, poden verse nas terras circundantes, similares aos máis coñecidos da veciña Malva.
O río, case todo o ano seco, que atravesa a localidade, é o Adalia (arroyo de Adalia), que desemboca no río Douro, entre Touro e Monte la Reina.
Remove ads
Demografía
| Evolución da poboación de: Abezames desde 1991 ata 2007
| ||||
| 1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2007
|
| 124 | 118 | 104 | 95 | 98 |
Restos arqueolóxicos
No despoboado de Mompodre, acháronse cerámicas da primeira Idade de Ferro, e cerámicas celtiberas, así como un asentamento romano.
A igrexa de San Miguel
Nesta igrexa, o retablo maior, é obra de Pedro Roldán, deseñouse en 1734 e concluíuse ao ano seguinte. En 1742 dourárono mestres de Valladolid, e actualmente foi restaurado.
Alberga varias pezas renacentista, como o medallón de talla con busto de San Simón, colocado nunha reixa de forxa do XVIII e unha talla de San Xoán Bautista.
Remove ads
Historia
En Abezames, nomeada como Avecames en documentos do Real Mosteiro de Sancti Spiritus de Touro, consta que en 1420 houbo un castelo erixido onde hoxe se atopan as ruínas da igrexa de San Salvador. Tiña dúas parroquias, outras tantas ermidas e un hospital para peregrinos pobres.
Festas
- Primeiro domingo de agosto, o Corazón de María e Xesús.
- O 28 de setembro, San Miguel Arcanxo.
- O 15 de maio, San Isidro.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

