Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
ACRIMSAT (acrónimo de Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite) é un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de decembro de 1999 mediante un foguete Taurus desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California, como carga secundaria xunto ó satélite Arirang-1.
Remove ads
Características
ACRIMSAT forma parte do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System) da NASA e está adicado á medición da variación irradiancia solar total.[1][3] A estrutura principal ten forma octogonal, cun ancho de 77,5 cm e un alto de 66,0 cm. Cos paneis solares estendidos a envergadura do satélite chega aos 178 cm. A potencia proporcionada polos paneis é de 80 vatios.[6]
ACRIMSAT mideu o efecto do paso de Venus fronte o Sol o 8 de xuño de 2004 na irradiancia solar.[7]
Remove ads
Instrumentos
ACRIMSAT usa como instrumento de medida o ACRIM-3, que mide a irradiancia cunha precisión mellor que o 0,1%. Os datos recollidos por ACRIM-3 estenden a medición da irradiancia feita polos instrumentos ACRIM-2 (a bordo do satélite UARS) e ACRIM-1 (a bordo do satélite Solar Maximum Mission en 1980).[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads