Adriano Correia
futbolista brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Adriano Correia Claro, nado en Curitiba (Paraná) o 26 de outubro de 1984, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga de lateral e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona.
Remove ads
Traxectoria
Naceu na cidade brasileira de Curitiba, onde empezou a xogar desde moi novo. Con 8 anos o seu pai, Athaide, animoulle a intentar xogar coa súa perna esquerda tras sufrir unha lesión na súa perna dereita.[1] Adriano Correia é destro, pero adoita xogar pola banda esquerda.
O seu primeiro equipo profesional foi o Coritiba Foot Ball Club, no que debutou antes de cumprir os 18 anos.
En xaneiro de 2005 chegou ao Sevilla FC, club da Primeira División de España, a metade de tempada no mercado invernal. Co club hispalense disputou máis de 200 partidos nos que marcou 19 goles.
Tras a súa estancia de case 6 anos no club de Nervión, o venres 16 de xullo de 2010 fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona por 9,5 millóns de euros,[2][3] uníndose así aos seus compatriotas Daniel Alves e Maxwell. Adriano, que utilizaba o dorsal número 6 no Sevilla FC, ocupa o 21 que deixou Dmytro Chygrynskiy tras o seu regreso ao FC Shakhtar Donetsk ucraíno.
O 2 de febreiro de 2011, Adriano marca o seu primeiro gol co FC Barcelona, nas semifinais de volta da Copa do Rei contra o UD Almería, partido que terminaría por 3 a 0 a favor do conxunto catalán.
Remove ads
Selección nacional
Participou na Copa Mundial de Fútbol Xuvenil de 2003 coa Selección brasileira, conseguindo finalmente o título tras vencer a España na final por 1 a 0.
En 2004 formou parte da Selección brasileira absoluta que gañou a Copa América 2004, celebrada ese ano no Perú.
En total, xogou 9 partidos internacionais, nos que non marcou ningún gol.
Clubs e estatísticas
Palmarés
Campionatos nacionais
Campionatos internacionais
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads