Aerococcus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Aerococcus é un xénero de bacterias do filo Bacillota (Firmicutes).[1] O xénero foi inicialmente identificado en 1953 en mostras de aire e po como un coco catalase negativo, grampositivo que crecía formando pequenos grupos.[2] Foron despois atopados en ambientes hospitalarios e en salmoiras para a curación de carne.[3] Sempre foi difícil de identificar, xa que é moi semellante ao Streptococcus alfa-hemolítico en placas de ágar sangue e é difícil de identificar por medios bioquímicos.[4] A secuenciación do seu ARNr 16S converteuse no método estándar para a súa identificaicón, pero outras técnicas como a MALDI-TOF tamén foron útiles para a identificación do xénero e as especies.[4]
Remove ads
Etimoloxía
O nome Aerococcus deriva do grego aer, aeros (ἀήρ, ἀέρος), aire; e do latín científico coccus (á súa vez procedente do grego kokkos (κόκκος)), unha baga, polo que significa 'coco do aire'.[5] Este nome déuselle debido á súa forma redonda e a que foi inicialmente descuberto en mostras de aire.[2]
Especies
O xénero comprende estas especies:[5]
- A. christensenii Collins et al., 1999, nomeada en honra do microbiólogo danés Jens J. Christensen.[6]
- A. sanguinicola Lawson et al., 2001 do latín 'habitante do sangue'.[7]
- A. suis Vela et al., 2007, do latín 'porco'.[8]
- A. urinae Aguirre & Collins, 1992, do latín 'da urina'.[9]
- A. urinaeequi (Garvie, 1988) Felis et al., 2005, do latín "da urina dos cabalos", que foi a fonte para o illamento da cepa tipo.[10]
- A. urinaehominis Lawson et al., 2001, do latín 'da urina humana', da cal se illou a capa tipo.[11]
- A. viridans Williams et al., 1953. É a especie tipo do xénero e o nome procede do latín 'facer verde', xa que produce esa cor.[12] Axente causante da gaffkemia, unha doenza dos lumbrigantes.[13]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads