Bacilli
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bacilli é o nome dunha clase taxonómica bacteriana, que inclúe tanto especies con forma de bacilo coma de coco. Está dividida en dous ordes, Bacillales e Lactobacillales, que conteñen algúns patóxenos importantes, como Bacillus anthracis, Listeria monocytogenes ou Staphylococcus aureus. Case todas son grampositivas.
Remove ads
Posibles confusións do nome
Debe terse coidado co uso dos nomes Bacilli (que se traduciría para o galego como "bacilos"), Bacillus (que se traduciría como "bacilo") e o termo "bacilo"", usado para designar ás bacterias alongadas con forma de bastonciño. Neste caso a ambigüidade pode evitarse utilizando os nomes científicos e non o vernáculo. Téñase presente o seguinte:
- Bacilli é un taxon bacteriano con categoría de clase. Dentro del hai bacterias con forma de bastón (bacilos) pero tamén cocos.
- Bacillus é o nome dun xénero bacteriano que pertence á clase Bacilli, polo que o seu significado é moito máis restrinxido, xa que a clase Bacilli comprende varios xéneros.
- Bacilo é o termo que se aplica ás bacterias que teñen unha determinada morfoloxía, concretamente ás que son alongadas con forma de bastonciño. Hai bacterias con esta forma en varias clases taxonómicas bacterianas e non só en Bacilli. Por exemplo, E. coli é un bacilo que non pertence á clase Bacilli.
Remove ads
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
A taxonomía actualmente aceptada deste grupo está baseada na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [1] [2] e a filoxenia elaborouse con datos da LTP 106 baseada no ARNr 16S do 'The All-Species Living Tree' Project [3]
Bacilli |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bacilli parte 2 (continuación)
Bacilli parte 2 |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bacilli non clasificados
- "Candidatus Izimaplasma" ♠ {"Izimaplasmatales" ♥: "Izimaplasmataceae" ♥}
- "Candidatus Lumbricoplasma" ♠ {Lumbricoplasmataceae ♠}
- "Rubeoparvulaceae" ♥ {"Rubeoparvulales" ♥}
Notas:
♥ Nomes de clados non incluídos no National Center for Biotechnology Information (NCBI) e que tampouco aparecen na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads