Lactobacillales
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lactobacillales é unha orde de bacterias grampositivas que comprende as bacterias do ácido láctico. Encóntranse no solo, auga, plantas e animais. Utilízanse na produción de alimentos fermentados, como iogur, queixo, manteiga, quefir etc., nos que orixinan a formación de ácido láctico a partir de azucres. Tamén son responsables da fermentación maloláctica na produción do viño, e fermentan os repolos para facer sucrut. Hai tamén especies patóxenas como Streptococcus pneumoniae ou Enterococcus faecalis.
Remove ads
Características
- As Lactobacillales teñen células de formas variadas: cocos, bacilos ou cocobacilos.
- Obteñen a enerxía da oxidación de compostos orgánicos.[1]
- Son grampositivas
- Non esporuladas, xeralmente non móbiles
- Oxidase negativas (ausencia do encima oxidase)
- Catalase negaivas (ausencia do encima catalase).
Ademais, o riboswitch de caixa SMK encóntrase só na orde Lactobacillales.
Familias
Comprenden as familias Aerococcaceae, Carnobacteriaceae, Enterococcaceae, Lactobacillaceae, Leuconostocaceae, e Streptococcaceae.
A familia tipo é a das Lactobacillaceae que ten numerosas especies que forman parte da microbiota da boca, tracto gastrointestinal e vaxina dos animais homeotermos. Estes bacilos están presentes en alimentos lácteos, carne, peixe, cereais, froitas, zumes de froitas, legumes, prebes e pratos cociñados.[1] Utilízanse na produción de alimentos fermentados como o queixo ou iogur e outros. As Aerococcaceae encóntranse no aire, po, vexetación e solo. As Carnobacteriaceae encóntranse na carne envasada ao baleiro, o queixo, peixe ou nos lagos antárticos meromícticos[2]. As Enterococcaceae forman parte da flora intestinal dos mamíferos e aves, e algunhas son patóxenas, como Enterococcus faecalis. As Leuconostocaceae encóntranse nas plantas e en diversos alimentos como o leite e os produtos lácteos fermentados, produtos vexetais fermentados e carne. Moitas Streptococcaceae son comensais ou parasitos de animais, e algunhas moi patóxenas como Streptococcus pneumoniae.[2].
Remove ads
Filoxenia
A orde Lactobacillales foi proposta inicialmente en 2005, e foi descrita en 2009 no volume 3 da segunda edición do Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey (Ludwig et al.) e validado en marzo de 2010 e inscrito na lista de validación 132. A taxonomía aceptada actualmente desta orde está baseada na LPSN [3] [4] e a filoxenia foi elaborada segundo as secuencias do ARNr 16S da LTP 106 do 'The All-Species Living Tree' Project [5]
Lactobacillales |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lactobacillales parte 2 (continuación)
Lactobacillales parte 2 |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non están na LPSN.
Remove ads
Xéneros de bacterias do ácido láctico
- Abiotrophia
- Aerococcus
- Carnobacterium
- Enterococcus
- Lactobacillus
- Lactococcus
- Leuconostoc
- Oenococcus
- Pediococcus
- Streptococcus
- Tetragenococcus
- Vagococcus
- Weissella
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads