Alba, Pontevedra
parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Alba é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 707 habitantes (339 homes e 368 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un progresivo descenso en relación ao ano 2010 cando tiña 825 habitantes; ao ano 2008, con 850; e ao ano 2004, cando eran 865 veciños.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alba.
Ata 1868, data de adhesión ó concello de Pontevedra, era un concello de seu, abranguendo tamén as parroquias de Verducido, Cerponzóns e Lérez.
Remove ads
Lugares de interese
Nesta parroquia está a Xunqueira de Alba, de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do río Rons.
Pola parroquia pasaba a vía XIX romana, e aquí atopouse un miliario dedicado ó emperador Caracalla. Como zona de paso da vía portuguesa do Camiño de Santiago, o lugar de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos, como a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Compostela para pregar polo seu defunto marido.
A igrexa parroquial de Santa María, situada no lugar de Touceda [3], é de estilo neoclásico-barroco, construída en 1595 por mandato do bispo Xoán de San Clemente, sendo o mestre de obra Mateo López. O anterior templo fora consagrado por Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo. Ao seu carón está a casa reitoral, de estilo barroco.
Na parroquia hai outros templos menores, como a capela de san Caetano (s. XVIII), e a capela da Devesa (s. XIX). Alba acolle numerosos cruceiros, un deles recollido na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao.
A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.
Remove ads
Galería de imaxes
- Capela de San Caetano
- Detalle da fachada
- Santiago apóstolo, como peregrino, no varal dun cruceiro
Lugares e parroquias
Lugares de Alba
Parroquias de Pontevedra
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads