Tomeza, Pontevedra

parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Tomeza, Pontevedramap
Remove ads

San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), 104 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Xeografía

Limita coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando era concello de seu. A parroquia está atravesada pola ruta portuguesa do camiño de Santiago, que transcorre paralela ao río dos Gafos.

Historia

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Festas e Romarías

A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo nome. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo cómpre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado. No templo hai unha imaxe da Virxe da Peregrina.

As festas parroquiais de San Pedro celébranse o 28 e 29 de xuño no lugar de Lusquiños.

A parroquia é terra de canteiros. O mestre Daniel, célebre canteiro de Tomeza, autor entre outras pezas das escaleiras da Casa do Concello de Pontevedra [Cómpre referencia].

O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Canteiro, homenaxeando cada ano o labor dun escultor da pedra. Entre outros, un dos homenaxeados foi Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Tomeza

Máis información Lugares da parroquia de no concello de Pontevedra ...

Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads