Alberto Meira
piloto galego de rally From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alberto Meira nado en Vincios (Gondomar) o 15 de novembro de 1977[1], é un piloto de rally galego que foi dúas veces campión de Galicia de rally, en 2010 e 2016, e oito veces subcampión.

Ademais foi campión do grupo N en 2004 e 2009 e gañador da Copa Renault Clio de Galicia de 2004.[1] Tamén ten participado no Campionato de España de Rallys, onde logrou unha vitoria e varios podios, ademais do subcampionato en 2013. O seu copiloto habitual dende 2017 é José Murado, tendo competido anteriormente xunto a Álvaro Bañobre e David Vázquez.
Remove ads
Traxectoria
Debutou en competición en 1999 cun Peugeot 106 no Campionato Galego e ao ano seguinte afrontou a Copa Fiat Punto autonómica e debutou no Campionato de España co 106, no Rally de Ourense. En 2002 comezou a correr con Álvaro Bañobre como copiloto, co que continuaría durante toda a seguinte década. Ese ano participou cun Renault Clio Sport na copa Nacional Clio, acadando o cuarto lugar e en 2003 acadou un podio nesa Copa (terceiro no Rally Vasco Navarro). En 2004 disputou dúas probas nacionais cun Mitsubishi Lancer Evo VII, obtendo un oitavo posto en Ourense e o sétimo lugar no grupo N. En Galicia disputou co Clio a Copa Renault conseguindo o título e o seu primeiro podio na competición rexional cun segundo posto no Rally Salón do Automóbil de Vigo. No 2005 participou en catro probas nacionais nesta ocasión cun Lancer Evo VIII con resultados moi discretos, mentres que en Galicia acadou dous novos podios: Sur do Condado e Albariño. Ao ano seguinte rematou sétimo no Rías Baixas e logrou a súa primeira vitoria absoluta en Galicia cunha vitoria no Rally do Lacón. Grazas a este resultado e tres podios máis rematou cuarto o campionato. En 2007 cun novo vehículo, o Lancer Evo IX, apartou o concurso rexional onde só foi ao Sur do Condado, acadando o segundo posto, e fixo un programa case completo do campionato estatal. Finalizou noveno en Vila Joiosa e cuarto no Rías Baixas, a súa mellor actuación ata esa data no certame. En 2008 abordou o campionato rexional puntuando nas dúas primeiras citas para logo acadar a súa segunda vitoria absoluta, esta vez no Rally do Albariño. Despois engadiu un segundo posto no Condado o que lle permitiu ser quinto na clasificación final do campionato galego.[2] No campionato de España foi oitavo en Ourense, quinto en Ferrol e oitavo na categoría do grupo N. Ao ano seguinte disputou todo o campionato autonómico acadando cinco podios e a vitoria no Sur do Condado, rematando a tempada como subcampión por detrás de Pedro Burgo.
Campión galego (2010)

Para a tempada 2010 adquiriu un Lancer Evo X, un vehículo que lle permitiu acadar a vitoria nas dúas primeiras citas do galego: Comarca da Ulloa e Cocido. O seu principal rival na loita polo título foi Bamarti ao que Meira derrotou con dous triunfos máis en Narón e no Baixa Limia para proclamarse campión por primeira vez, aínda sen ter que acudir á última cita, o Botafumeiro. Ao ano seguinte sumou dous abandonos no nacional (Vila Joiosa e as Canarias) e logo foi oitavo na proba das Rías Baixas onde unha sanción o privou de subir ao podio.[3] Esta situación fixo que Meira decidise abandonar a Escudería Rías Baixas, (mesma entidade organizadora do rally) e continuar a tempada competindo con RMC Motorsport no nacional e co seu propio equipo (AMF Sport) en Galicia. Ese ano só logrou unha vitoria no Sur do Condado e un podio no Baixa Limia.
En 2012 acadou a súa primeira vitoria absoluta no campionato de España tras gañar o rally Rías Baixas por diante de Alberto Hevia cunha diferenza de 6 segundos. Despois abandonou en Ourense, e a nivel rexional subiu ao podio en Noia e Narón. En 2013 cambiou de copiloto entrando David Vázquez no lugar de Álvaro Bañobre, que pasou a correr con Iván Ares.[4] Meira e Vázquez disputaron todo o campionato de España con bos resultados. Foron quintos na súa primeira participación en Canarias, terceiros en Cantabria e segundos no Rías Baixas, Sierra Morena e Madrid. Aínda que un pouco lonxe dos gañadores Luís Monzón e José Carlos Déniz, Meira e Vázquez conseguiron o subcampionato.[5] O 2014 marcou un ano de transición, con só catro rallys, dos cales tres acabaron en abandonos e o outro nun segundo posto no Rally do Cocido.

Segundo título (2016)
A partir de 2015 centrouse de novo no campionato galego. Co Evo X R4 conseguiu ese ano dúas vitorias máis para o seu palmarés: Narón e Sur do Condado. Outros dous podios permitíronlle entrar na loita polo título contra Alejandro Pais e situarse como líder. O cuarto posto no Rally San Froilán deulle o liderado ao seu rival e na última cita (Rally Ribeira Sacra), con todo por decidir,[6] Meira só puido ser décimo oitavo e acabar así subcampión.[7] No 2016, con todo, e case sen oposición, Meira gañou o seu segundo título[8] tras gañar cinco probas das oito do calendario: Eurocidade Tui-Valença, Narón, Sur do Condado, Ribeira Sacra e Comarca da Ulloa.
Subcampionatos (2017-actualidade)
Disputou a tempada 2017 do campionato galego con José Murado como copiloto despois de que David Vázquez decidise correr o campionato con Víctor Senra.[9] Obtivo un cuarto posto no Rally da Coruña, e subiu ao podio nas seguintes seis probas, incluída unha vitoria no Sur do Condado, resultados que sumados á suspensión do último rally, o Comarca da Ulloa, lle deron o seu terceiro subcampionato, esta vez por detrás de Víctor Senra.[10][11] Na tempada 2018 desenvolveuse de maneira semellante á anterior, logrando tamén seis podios, esta vez con dúas vitorias (Sur do Condado e Comarca da Ulloa) e rematando como subcampión de novo por detrás de Senra.[12]
Comezou 2019 igual que as dúas tempadas anteriores: cun cuarto posto no Rally da Coruña. A continuación viñeron un abandono en Noia, tres podios consecutivos no Rías Baixas, Narón e Sur do Condado, e outros dous abandonos no Botafumeiro e no Ourense-Lugo-Ribeira Sacra. Finalmente logrou a súa primeira vitoria no Rally San Froilán e quedou segundo na primeira edición do Rally Mariña Lucense, resultados cos que rematou subcampión galego por quinta vez, a terceira consecutiva por detrás de Víctor Senra.[13]
Remove ads
Palmarés
Resultados Campionato galego
Resultados Campionato de España
- Referencias [14]
Vitorias no Campionato de Galicia
Vitorias no Campionato de España
Predecesor: Pedro Burgo |
Campión de Galicia de Rally 2010 |
Sucesor: Iván Ares |
Predecesor: Alejandro Pais |
Campión de Galicia de Rally 2016 |
Sucesor: Víctor Senra |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads