Rally da Coruña de 2019

23ª edición do Rally da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Rally da Coruña de 2019 foi a 23ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 1 e o 2 de marzo e o vencedor foi Iván Ares.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads

Presentación e inscritos

O rally presentouse ante a prensa e os afeccionados pola Escudería One Seven, organizadora do evento, o 16 de febreiro de 2019 en Expocoruña.[1] O director da proba, Álvaro Muñiz, acompañado polo piloto invitado Iago Caamaño, relatou os detalles do rally, e desvelou que o itinerario sería o mesmo do ano pasado, aínda que inicialmente se dixera que sería outro.[2] A lista final de inscritos foi de 115 pilotos, entre os que destacaban as presenzas de Víctor Senra, Iván Ares, Alberto Meira, Iago Caamaño, Manolo Senra, Tino Iglesias, Ricardo Costa ou o campión do mundo de tríatlon, Iván Raña.[3]

Remove ads

Itinerario

Constaba inicialmente de oito tramos entre os concellos de Coirós, Aranga, Arteixo, Culleredo, A Laracha e Cerceda, sumando 77,72 km e estando situado o parque pechado no Parrote.[4] Con todo, o primeiro tramo tivo que ser neutralizado pola evacuación dun espectador cun amago de infarto, igual que o sétimo tramo, este por unha saída de pista de Jorge Cagiao, na que a súa copiloto, Amelia Blanco, tivo que ser atendida polas asistencias. Tamén tiveron que atender a Lorena Maroño, copiloto de Manuel González, tras un accidente.[5]

Remove ads

Resumo

O defensor do título galego, Víctor Senra, que acudiu con Moncho López como copiloto, pois David Vázquez rompera dúas costelas.[6] estreaba un novo Citroën C3 R5. Viuse superado no primeiro tramo por Iván Ares pero púxose líder no segundo, aproveitando os problemas de dirección do piloto de Cambre.[7] Con todo, unha picada de roda no cuarto tramo, en Aranga,[6] decantou a vitoria a favor de Iván Ares, que deste xeito gañou xunto a José Pintor por segundo ano consecutivo a proba coruñesa. Completou o podio do Parrote Iago Caamaño, que gañou o seu duelo particular con Alberto Meira, despois de que este perdera moito tempo ao realizar un trompo e non puidera remontar.[8] Por detrás chegaron o portugués Ricardo Costa, Antonio Fernández e os veteranos Tino Iglesias e Manolo Senra.[9]

Clasificación

Máis información Pos, Piloto ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads