Alejandro Lorenzo Alonso

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, popularmente coñecido como Caroca, nado en Chenlo (O Porriño) o 18 de febreiro de 1976, é un político galego do PPdeG.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Profesional da automoción. En 2007 foi elixido alcalde pedáneo da Entidade Local de Menor de Chenlo polo PPdeG. Ó mesmo tempo foi o número 3 da candidatura do PPdeG ó concello do Porriño e foi eilixido concelleiro, situándose na oposición ata a moción de censura de febreiro de 2010, cando pasou a asumir responsabilidades de goberno baixo o mandato de Nelson Santos Argibay. En 2011 foi reelixido alcalde pedáneo cun 78% dos votos, así como concelleiro, mantendo responsabilidades de goberno municipal tras revalidar o PPdeG o goberno municipal con maioría absoluta. En 2015 foi novamente reelixido como alcalde pedáneo e continuou como concelleiro, se ben nesta ocasión na oposición. En marzo de 2017 fíxose cargo do PPdeG en Porriño, trala marcha do exalcalde Nelson Santos Argibay[2].

En 2019 encabezou a candidatura do PPdeG ó concello, non concorrendo á reelección como pedáneo, e logrou a vitoria por maioría simple, mais non logrou a alcaldía dado que os demais grupos da corporación apoiaron a continuidade da socialista Eva García de la Torre como alcaldesa. Nese mandato foi designado deputado provincial. Trala dimisión da alcaldesa en novembro de 2021, foi investido alcalde do Porriño o 23 de decembro como cabeza da lista máis votada, ó non lograr nesta ocasión os demais grupos un acordo alternativo[3]. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou novamente a candidatura do PPdeG foi reelixido alcalde con maioría absoluta[4]. Foi novamente designado deputado provincial para dito mandato.

Predecesor:
Eva García de la Torre
 
Alcalde do Porriño
 
2021 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads