Aleksandr Vinokurov

ciclista kazajo From Wikipedia, the free encyclopedia

Aleksandr Vinokurov
Remove ads

Alexander Vinocurov, nado o 16 de setembro de 1973 en Petropavl, Kazakhstán, é un ciclista kazako. É un ciclista de talle medio (1,77 m e 68 kg), especializado en probas de estrada por tiradas, e que rende ben en todo tipo de probas: contra o reloxo, montaña...

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria deportiva

Estudou na escola Nacional de Deportes de Alma-Atá en Kazakhstán, e en 1997 pasou a formar parte do equipo afeccionado francés do EC Saint-Étienne-Loire. Fíxose profesional en 1998 no Casino e conseguiu vencer nos 4 días de Dunkerque e na Dauphiné Libéré do ano seguinte. Logo en 2000 ficha polo Deutsche Telekom, que muda de nome en 2004 polo de T-Mobile, e durante esta época figura como gregario de Jan Ullrich. Dentro deste conxunto consegue a París-Nisa (2002) e unha caída faino abandonar cando marchaba de líder na Volta a Suíza.

Pero a dopaxe comeza a aparecer na súa carreira, apartando a Jan Ullrich e converténdose el en líder do conxunto alemán en 2003. Como tal, consegue a París-Nisa dese ano, a Amstel Gold Race, a Volta a Suíza e obtén a terceira praza no Tour de Francia 2003.

Non acudiu ao Tour de Francia 2004 por lesión, pero no de 2005 obtén dúas vitorias de tirada, unha en Briançon e outra na última, a máis valiosa, nos Campos Elisios de París. Remata quinto na xeral e obtén o premio á combatividade, pero a súa rivalidade persoal con Ullrich lévao a deixar o equipo, e muda na tempada de 2006 para o Liberty Seguros.

Thumb
Vinocurov no Tour de Francia 2007, na contra o reloxo con final en Albi que vencería el.

Pero a Operación Puerto desenvolvida pola Garda Civil española contra a dopaxe no ciclismo céntrase fundamentalmente nese novo conxunto. Ducias de corredores son implicados, o patrocinador retírase, e o equipo remodélase e pasa a chamarse Astaná, un espónsor kazako. Pero as pescudas xudiciais proseguen e, cando todo está disposto para a súa participación no Tour de 2006, a organización da rolda gala recibe unha lista de ciclistas que poderían estar implicados e onde figuran cinco nomes do Astaná. Eses corredores non poden tomar a saída, pero os outros tres non lle abondan a Vinocurov para formar equipo, e queda definitivamente fóra da proba aínda sen demostrarse a existencia da dopaxe. Pero si que pode competir na Vuelta a España uns meses despois, onde obtén a súa maior vitoria por diante de Alejandro Valverde.

En 2007 regresa ao Tour, onde vence na contra o reloxo longa e na proba de montaña pirenaica que remata en Loundevielle, pero onde encadea unha serie de resultados irregulares no resto de tiradas que dificultan a súa progresión na clasificación xeral. O 24 de xullo, durante a xornada de descanso, é expulsado da carreira e do equipo Astaná por dar positivo nun control antidopaxe. O positivo foi producido por unha transfusión de sangue homóloga (doutra persoa) recibida na xornada que venceu na contra o reloxo. O corredor negou que se dopase.

Remove ads

Principais vitorias

Medallas olímpicas
Prataciclismo en estradaSydney
  • Vuelta a España de 2006, onde ademais consegue 3 vitorias de tirada. Vencera tamén nunha tirada en 2000.
  • 5 vitorias de tirada no Tour de Francia nos anos 2003, 2005 (dúas) e 2007 (dúas). Foi ademais terceiro na xeral en 2003, e quinto en 2005.
  • Medalla de prata na proba de ciclismo en estrada dos Xogos Olímpicos de Sydney, en 2002.
  • 2 medallas de bronce na proba de contra o reloxo dos campionatos do mundo de ciclismo de 2004 e 2006.
  • O campionato de ciclismo de Casquistán en 2005
  • A París-Nisa en dúas ocasións, 2002 e 2003, e tres vitorias de tirada na edición de 2004.
  • O Dauphiné Libéré en 1999, e mais unha vitoria de tirada en 2005.
  • A Liexa-Bastogne-Liexa de 2005
  • A Volta a Alemaña de 2001
  • A Volta a Suíza de 2003, e ademais unha tirada da edición de 2002.
  • A Amstel Gold Race de 2003
  • Os 4 días de Dunkerque de 1998
  • A Volta á Comunidade Valenciana en 1999
  • A Vuelta a Castilla y León en 2006
  • O Regio-Tour en 2004
Remove ads

Vida persoal

Vive en Mónaco coa súa muller Svetlana Vinocurova e os seus tres fillos. Era un grande amigo de Andrei Quivilev, ciclista tamén kazako que faleceu dunha caída na París-Nisa de 2003.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads