Ñ

letra do alfabeto galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Ñ
Remove ads

O Ñ (eñe) é a décimo terceira letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal velar sonoro /ɲ/.

Máis información Alfabeto ...

Historia

Thumb
O Ñ sitúase á dereita do L nos teclados Qwerty para español.

A letra ñ non ten equivalente no alfabeto romano. Nos primeiros textos en galego este son representábase coas grafías n, ni ou nn, e foi esta última forma a que se acabou impoñendo na súa forma abreviada, ñ [1]. Pola contra en Portugal desde 1265 impúxose nos documentos oficiais nh, de orixe occitana.

Nos mosteiros, e despois nas imprentas, había o costume de economizar letras para aforrar esforzo nas tarefas de copiado e colocación de caracteres; Así, a secuencia «nn» escribíase cun «n» moi pequeno denominado vírgula enriba dun «n» de tamaño normal: «ñ». O mesmo sucedeu en portugués e en galego medieval coa representación de vogais nasais como «an» e «ã».

A letra ñ forma parte do alfabeto en linguas como o castelán, asturiano, aimará, bubi, chamorro, guaraní, mapudungun, mixteco, quechua, tagalo, zapoteco, éuscaro, wólof. O inglés admite o ñ nalgúns préstamos do castelán como «cañon» (como forma arcaica[2], a común é «canyon»), «jalapeño», ou «El Niño»..

Remove ads

Outros usos

No bretón emprégase para nasalizar a vogal precedente e non para representar o son /ɲ/, verbi gratia a palabra Jañ pronúnciase /ʒã/.

Na escritura latina do tártaro de Crimea representa a consoante velar nasal /ŋ/ (igual son velar do galego "unha".) O mesmo sucede nalgunhas transcricións do quenya

En nauruano representa ao dígrafo "ng", aínda que actualmente a tendencia maioritaria é usar simplemente "ng".

Remove ads

Grafías equivalentes noutras linguas

Noutras linguas o son /ɲ/ representase de formas diversas:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads