Alfonso Vilar Lamelas

escultor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Alfonso Vilar Lamelas
Remove ads

Alfonso Vilar Lamelas, nado en Rouxique (Vilalonga, Sanxenxo) o 15 de setembro do 1927 e finado en Pontevedra o 24 de xaneiro de 2011, foi un escultor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa andaina artística grazas a unha bolsa concedida pola Deputación de Pontevedra. Na súa estadía en Santiago de Compostela foi alumno de Francisco Asorey. Tamén estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid, coincidindo cos escultores Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador. Foi un dos promotores da Escola de Canteiros de Poio. Aínda que destacou como escultor, sendo un dos máis destacados na Galicia do século XX, tamén cultivou a pintura e outras formas de expresión artística.

De estilo clásico, realista e con trazos expresionistas, a súa escultura é unha mestura do clasicismo rexionalista galego do século XIX, as vangardas dos anos trinta e as tendencias escultóricas de posguerra aprendidas na súa etapa en Madrid da década de 1950.

Ademais da escultura funeraria tamén abordou os retratos e a temática mariñeira. As súas numerosas obras públicas son un bo exemplo do seu traballo.

Remove ads

Obra pública

Remove ads

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • Escultura Urbana. (Revista Dixital). ISSN 1988-5954
  • Gallego Esperanza, Mª de las Mercedes (1996). La Escultura Pública en Pontevedra. Pontevedra: Diputación Provincial. ISBN 84-88363-35-4.
  • Vázquez Xil, Lalo (1998). Historia dos Monumentos de Vigo. Vigo: Concelleria de Cultura, Educación e Muller. Concello de Vigo. ISBN 8487636248.

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads