Vilalonga, Sanxenxo
parroquia civil do concello de Sanxenxo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Pedro de Vilalonga é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.261 habitantes (1.140 mulleres e 1.121 homes), o que representa un leve descenso respecto ó ano 2011, cando tiña 2.312 habitantes, e ó ano 2000, cando tiña 2.287.
Na división territorial eclesiástica, a parroquia de San Pedro de Vilalonga comprende tamén a extinguida parroquia de San Tomé de Gondar.
Limita ó norte coa ría de Arousa, ó sueste coa parroquia de Gondar, e ó suroeste coa de Noalla. A superficie da parroquia é de 5,4 km 2 (incluíndo Gondar), distribuídos en 19 entidades de poboación.
Remove ads
Patrimonio
Na igrexa parroquial houbo un baldaquino do que se conservan tres paneis, que foron cedidos en 1895 á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e que hoxe forman parte dos fondos do Museo de Pontevedra. Nun deles represéntase a Anunciación, noutro a Adoración dos Reis e no terceiro a torre dun castelo, flanqueada polas chaves que simbolizan a San Pedro, e dous escudos nos extremos.
Próximos á igrexa de San Pedro e no lugar do Rebel hai dous pazos, ámbolos dous dos séculos XVI-XVII:
- Pazo dos Pardo, con brasón dos Figueroa. Posúe unha pequena capela neoclásica.
- Pazo do Rebel, hoxe reconvertido en hotel. Posúe un escudo dos Valladares e Rivera. Di a tradición que o nome lle vén dun conde, chamado Hermenegildo, que se rebelou ó reclamar a propiedade das salinas da Lanzada.
No mesmo lugar e fronte ós pazos, levantouse en 2011 o centro de saúde.
Remove ads
Galería de imaxes
- Cruceiro no lugar da Costiña, do que só se conserva a cruz.
- Interior da igrexa parroquial.
- Altar maior da igrexa parroquial.
- Baldaquino
- Pazo do Rebel, do s. XVII, restaurado como hotel.
- Capela do pazo dos Pardo.
- Vilalonga no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
Lugares e parroquias
Lugares de Vilalonga
Lugares da parroquia de Vilalonga no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Altamira | A Arnosa | A Bruñeira | O Carballal | O Castro | A Costiña | O Cruceiro | O Empalme | A Fianteira | O Freixo | O Igrexario | Lagarei | Piñeiros | O Rebel | Rouxique | A Salgueira | Tourada | A Touticeira | Vilar |
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads