Alnus

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Alnus
Remove ads

Alnus é un xénero da familia das Betuláceas. Contén 30 especies de árbores e arbustos monoicos (moi poucos deles acadan un gran tamaño), denominados comunmente amieiros, distribuídos por todo o mundo. Presentan follas ovadas e co bordo dentado. As flores son en forma de amentos, os masculinos alongados e os femininos curtos, ambos na mesma planta.

Máis información Amieiros (xénero Alnus), Clasificación científica ...
Thumb
Os amieirais ocupan brañas e lameiros, lugares moi húmidos. Amieiral de A. glutinosa no río Landro, Galicia.
Thumb
Amieiral en Helsinqui.

En Galicia só atopamos unha especie propia, o Alnus glutinosa (amieiro común), que é propio das ribeiras, lameiros e brañas.

Remove ads

Clasificación

O xénero divídese en tres subxéneros:

Subgénero Alnus. Árbores. Amentos masculinos e femininos producidos no outono, mais fican pechados durante o inverno, polinizando a finais do inverno ou principios da primavera. Arredor de 15-25 especies, entre elas:

  • Alnus acuminata Humb., Bonpl. & Kunth. Cordal dos Andes, América do Sur.
  • Alnus cordata Desf. Italia
  • Alnus cremastogyne Burk.
  • Alnus firma Sieb&Zucc; "Yashabushi". Kyūshū (Xapón)
  • Alnus glutinosa (L.) Gaertner; Amieiro (ou ameneiro), amieiro negro, o amieiro por excelencia en Europa, Alisa. Especie europea.
  • Alnus incana (L.) Moench; Amieiro cinsento. Eurasia. Hai unha variedade especialmente apreciada en xardinaxe pola follaxe amarela, o Alnus incana 'Aurea', Amieiro dourado.
    • Alnus hirsuta (A. incana subsp. hirsuta). Nordés de Asia, e Asia central nas montañas.
    • Alnus oblongifolia (A. incana subsp. oblongifolia). Suroeste de América do Norte.
    • Alnus rugosa (A. incana subsp. rugosa). Nordés de América do Norte.
    • Alnus tenuifolia (A. incana subsp. tenuifolia). Noroeste de América do Norte.
  • Alnus japonica (Thunb.) Steud.; Amieiro xaponés. Xapón
  • Alnus jorullensis Humb., Bonpl. & Kunth. México, Guatemala.
  • Alnus mandshurica (Call.) Hand. Extremo oriente ruso, China, Península de Corea.
  • Alnus matsumurae Call.; "Yahazu-han-no-ki". Honshū (Xapón).
  • Alnus nepalensis D. Don. Himalaia oriental, suroeste da China.
  • Alnus orientalis Decaisne. Turquía meridional, noroeste de Siria, Chipre.
  • Alnus pendula Matsumura; "Himeyashabushi". Xapón e península de Corea.
  • Alnus rhombifolia Nutt; Interior do oeste de América do Norte.
  • Alnus rubra Bong; Amieiro vermello. Costa oeste de América do Norte.
  • Alnus serrulata (Aiton) Willd. Leste de América do Norte.
  • Alnus sieboldiana Matsum.; "Ôbayashabushi". Honshū, Xapón.
  • Alnus subcordata C. A. Meyer. Cáucaso, Irán.
  • Alnus trabeculosa Handel-Mazzet "Sakuraba-hannoki". China, Xapón.

Subgénero Clethropsis. Árbores ou arbustos. Amentos masculinos e femininos producidos no outono, espallándose e polinizando logo. Tres especies:

  • Alnus formosana Mak.
  • Alnus maritima Nutt. Costa leste de América do Norte e mais unha poboación illada en Oklahoma.
  • Alnus nitida (Spach) Endl. Himalaia occidental.

Subgénero Alnobetula. Arbustos. Amentos masculinos e femininos producidos a finais da primavera (despois de agromaren as follas) espállanse e polinizan logo. Unha especie, catro subespecies:

  • Alnus viridis DC; Amieiro verde. Subespecies:
    • Alnus viridis subsp. viridis. Eurasia.
    • Alnus viridis subsp. maximowiczii (A. maximowiczii). Xapón.
    • Alnus viridis subsp. crispa (A. crispa). América do Norte setentrional.
    • Alnus viridis subsp. sinuata (A. sinuata). América do Norte occidental, até o nordés de Siberia.
Remove ads

Usos

Un dos seus usos máis coñecidos é a fabricación dos corpos de guitarras, sobre todo as Fender Stratocaster e Fender Telecaster, por mor á súa tensión e ton balanceados, substituíndo así á caoba, que si se mantén nalgúns modelos de Gibson Les Paul.[Cómpre referencia]

En Galicia o amieiro empregábase para tinturas e a súa madeira para fabricar zocas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads