Honshu

From Wikipedia, the free encyclopedia

Honshumap
Remove ads

Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, noutro tempo chamada Hondo.[1] Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...

A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Kyoto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.

Remove ads

Xeografía

A illa ten aproximadamente 1.300 km de longo e varía dos 50 aos 230 km de largo, e a súa superficie total é de 227.942,85 km², ao redor do 60% da superficie total do Xapón, o que a fai un pouco máis grande que Gran Bretaña.[2] A súa superficie terrestre estivo aumentando co levantamento costeiro no norte, pero o aumento global do nivel do mar diminuíu estes efectos. Honshu ten un perímetro de 5.450 km de costa.

É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923 que danou gravemente Toquio, e o terremoto e tsunami de Sendai de 2011 que moveu a parte nordeste da illa ata 5,3 metros[3][4] mentres causaba tsunamis devastadores. O pico máis alto é o volcán activo Monte Fuji, con 3776 m. que converte a Honshu na 7ª illa máis alta do mundo. Hai moitos ríos, incluíndo o Shinano, o máis longo do Xapón e o río Tone, coa conca máis grande. Os Alpes xaponeses percorren a lonxitude de Honshu, dividindo a costa do noroeste (mar do Xapón) da costa do sueste (Pacífico ou mar interior); O clima é moi variable xeralmente subtropical húmido nas partes meridionais e costeiras da illa e continental húmido nas zonas norteñas e interiores.

Remove ads

Rexións administrativas e prefecturas

A illa está dividida en cinco rexións nominais e 34 prefecturas, incluíndo Toquio metropolitano. Administrativamente, algunhas illas máis pequenas inclúense dentro destas prefecturas, incluíndo as Illas de Ogasawara, Illa de Sado, Izu Shima e Illa de Awaji.

As rexións e prefecturas son:

Honshū está unida ás demais illas do Xapón por túneis ou pontes

  • Coa illa de Hokkaidō por Túnel de Seikan.
  • Coa illa de Kyūshū por Túnel de Kanmon (hai 3 túnel, un para coche e dous para ferrocarrís) e Ponte de Estreito de Kanmon.
  • Coa illa de Shikoku, hai 3 rutas, ruta de Akashi-Naruto, ruta de Kojima-Sakaide e Onomichi-Imabari.
    • Ruta de Akashi-Naruto
    • Ruta de Kojima-Sakaide
    • Ruta de Onomichi-Imabari
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads