Alto Trás-os-Montes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alto Trás-os-Montes (en galego Alto Tras os Montes) é unha división administrativa de Portugal (antigamente unha subrexión estatística do nivel III (NUTS III), na Rexión Norte, coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.

Historia administrativa
A zona era hai anos unha subrexión estatística (NUTS III) que, desde o ano 2008, foi dividida entre as novas subrexións do Alto Tâmega e Terras de Tras os Montes.[1]
Xeografía
Comprendía os distritos de Braganza e de Vila Real.
Limitaba ao norte con Galicia, ao leste con Castela e León, ao sur coa subrexión de Douro, e ao oeste coas subrexións de Támega, Ave e Cávado.
Abranguía unha extensión total de 8 171,6 km² e, en 2011 contaba cunha poboación de 204 381 habitantes.[2]
Concellos
Comprendía 14 concellos:
- Alfândega da Fé
- Boticas
- Braganza
- Chaves
- Macedo de Cavaleiros
- Miranda do Douro
- Mirandela
- Mogadouro
- Montalegre
- Valpaços
- Vila Pouca de Aguiar
- Vimioso
- Vinhais
Os principais núcleos urbanos da zona son as cidades de Chaves, Braganza, Mirandela e Valpaços.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads