Amber Heard

actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Amber Heard
Remove ads

Amber Laura Heard, nada en Austin (Texas) o 22 de abril de 1986, é unha actriz estadounidense. Protagonizou All The Boys Love Mandy Lane, unha película que se estreou no Festival Internacional de Cinema de Toronto en 2006.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Traxectoria persoal

Criouse na súa cidade natal. O seu pai, David, é contratista, e súa nai, Paige, traballa para o estado recompilando información en Internet.

Heard estudou na Academia católica St. Michael en Austin ata que se trasladou a Hollywood. Na adolescencia participou activamente na escola de teatro e apareceu en anuncios e campañas locais. Cando tiña 16 anos morreu o seu mellor amigo nun accidente de coche. Aínda que foi criada no catolicismo, este suceso e a influencia das obras de Ayn Rand[1] puideron influír en que se declarase atea posteriormente.[2]

Heard fixo pública a súa condición de bisexual en 2010, no acto público que conmemoraba o 25 aniversario de GLAAD,[3] e mantivo unha relación coa fotógrafa Tasya van Ree dende 2008[4].

Dende o 3 de febreiro de 2015 estivo casada co actor Johnny Depp,[5] a quen coñeceu namentres rodaban The Rum Diary[6], e divorciouse en maio de 2016.[7] Posteriormente, mantivo unha relación con Elon Musk, o fundador de Tesla, que durou un ano.[8]

Carreira profesional

Thumb
Heard no Festival Internacional de Cinema de Toronto.

O seu debut como conductora de televisión chegoulle en 2007 no programa de televisión Hidden Palms da CW. Os seus grandes éxitos chegan en 2008 con actuacións en Never Back Down e Pineapple Express. En 2009 protagonizou The Stepfather e tamén tivo un pequeno papel na comedia de terror Zombieland. Tamén participou en The Joneses (2010), e ten papeles en The Ward de John Carpenter, xunto a Nicolas Cage en Furia cega e con Johnny Depp en The Rum Diary.

Filmografía

Máis información Ano, Película ...

Televisión

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Premios

Máis información Ano, Resultado ...

Clasificacións nas revistas

Máis información Ano, Lista ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads